Ocupan o Pazo de Meirás co apoio do Bloque

Un grupo de activistas ocupou esta mañá o Pazo de Meirás, pendurando faixas a prol da súa nacionalización. Entre eles hai dirixentes e militantes do BNG e das súas mocidades, Galiza Nova.

Por Galicia Confidencial | Meirás | 30/08/2017 | Actualizada ás 12:13

Comparte esta noticia

As organizacións nacionalistas están a promover a mobilización dende que empezou a acción, a media mañá, usando nas redes os cancelos  #OPazoeDoPobo  e #FranquismoNuncaMáis.

Ocupación do Pazo de Meirás
Ocupación do Pazo de Meirás

Estes mesmos slogans poden lerse nunha pancarta xigante pendurada na torre do Pazo entregado tras a Guerra Civil ao ditador Francisco Franco. Outra faixa reza “que nos devolvan o roubado! Franquismo: Nunca Máis!"

Dirixentes nacionalistas como o deputado Luis Bará, Rubén Cela (líder do BNG en Santiago) ou Anxo Louzáo (responsábel de ensino no sindicato CIG) están entre os encaramados ao tellado do polémico inmóbel.

A fronte non asumiu directamente a autoría da “ocupación simbólica”, senón que asegura que foron “activistas da memoria histórica” . Con todo, xustifícaa argumentado que “fronte ao fascismo e o espolio, un pobo en pé, que esixe reparación, verdade é devolución do roubado”. 

“A bandeira da Patria no alto da Torre de Meirás simboliza que hoxe o pazo é do pobo. Fóra franquismo da Galiza”, escribiu Néstor Rego, líder da UPG, o partido máis numeroso da fronte.

Cela (primeiro pola esquerda) e Louzao no tellado de Meirás
Cela (primeiro pola esquerda) e Louzao no tellado de Meirás | Fonte: Ruben Cela Twitter

Esta acción seguro que levantará moita polémica política. Chega nun intre no que a Xunta está nunha difícil situación, ao ceder a familia Franco a xestión das visitas a Meirás a Fundación Franco.

O colectivo fascista non se cortou xa en enarborar a cesión do Pazo para facer apoloxía do ditador e criticar aos familiares das vítimas do golpe de Estado. Ademais, neste agosto non se admitiron visitas, malia que ao ser Ben de Interese Cultural debe estar aberto polo menos certos días. A Xunta iniciou un expediente sancionador este verán á Familia Franco.

O PPdeG abriu onte a porta a tentar recuperar o Pazo para a Administración, pero de seguro que non estará de acordo coa ocupación deste mércores, por moi simbólica que sexa. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 26 comentarios

4 Anánise faraldo

Ocupa-lo pra tirar umha foto pra dar-se publicidade está bem, embora é um quero é nom podo que nom resolve nada. Tinha que ser umha okupació de verdade: pra así expropiar o roubado e po-lo a trabalhar pro pobo.

3 Ocupación

Ocupado xa está, polos Franco, o que hai que facer é desaloxalos!

2 Todos somos iguais

Pasará como aquí? https://goo.gl/b1Wgf2

1 miren o de reborainas

MOI BEN!!!! e mentras tanto podreiros suspende a persoa encargada das garantías dos militantes no partido podreiros, o Waldo das jons e o único que fai e a egolatría a mitomanía e a dictadura... podreiros esta traizoando o pobo e por non falar da boda de albertucho izquierda la unitaria dun gasto de mais de cen mil euros e 309 euros por garfo... moitos invitados eran políticos ... que vergonza o podreiros o rupturismo, o expañopaletismo do grupo miserabel!.