Temas: CATALUñA

“Queremos que o pobo galego tamén poida decidir o seu futuro”

A Plataforma Galiza con Catalunya está perfilando un acto para que os galegos poidan mostrar o seu apoio ao referendo pola independencia de Cataluña para final de mes. Así o explica Susana Méndez, unha das súas integrantes e secretaria de organización da CIG, en conversa con GC sobre o proceso soberanista catalán.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 12/09/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Méndez deixa claro que, a parte de apoialo, consideran a reivindicación do dereito a decidir como algo a emular en Galicia, aínda que non necesariamente  seguindo os mesmos pasos. “Cando digo emular non me refiro tanto as formas, senón a que o pobo galego tamén poida expresar a súa vontade e decidir por si mesmo o seu futuro, que non sexa un Estado alleo que o decida”, explica incidindo no dereito de autodeterminación de Galicia: “nós pretendemos para Galiza o mesmo, que aquí o pobo tamén poida expresar a súa vontade sobre o seu futuro, porque agora mesmo non pode”. 

Manifestantes galegos diante da Catedral de Santiago en apoio ao proceso de referendo de Cataluña en 2014, nunha mobilización organizada pola Plataforma Galiza con Catalunya
Manifestantes galegos diante da Catedral de Santiago en apoio ao proceso de referendo de Cataluña en 2014, nunha mobilización organizada pola Plataforma Galiza con Catalunya

Sobre a resposta do Estado, centrada polo de agora en perseguir xudicial e penalmente os pasos xurídicos e previr a loxística cara os comicios do 1 de outubro; Méndez cre que non é sorprendente, porque o “Estado actuou sempre así contra calquera intento de expresión popular” e prognostica que “esa represión irá en aumento”.

O Tribunal Constitucional non sería máis que “outro órgano” desa estratexia de represión, ao seu entender.  En opinión da Plataforma, “non pode ser que se negue a posibilidade de que un pobo exprese a súa vontade, sexa cal sexa a súa postura sobre a independencia”. 

A Plataforma Galiza con Catalunya leva organizando actos en apoio á soberanía catalá dende 2014. Por exemplo, organizou a montaxe dunha V na Praza da Quintana  en 2014 en vésperas da consulta do 9 de novembro. Aínda que nas súas reunións se pode participara  título individual, o certo é que os seus promotores son case todos colectivos (partidos, sindicatos, centros sociais, etc.) da contorna sobernaista galega de esquerdas.

Tras unha dialéctica política de moitos anos e estas semanas de moita tensión institucional, logrará Cataluña finalmente a independencia? A representante do sindicato CIG agarda que si, aínda que loxicamente non o pode asegurar. O que lle parece evidente é que “estamos ante un punto de inflexión importante, saia o que saia do referendo, o pobo catalán está demostrando que ten vontade de exercer a súa vontade propia sen que haxa un Estado que llo impida”, conclúe. 

Susana Méndez, responsábel da Secretaría Confederal de Organización da CIG e membro da Plataforma Galiza con Catalunya
Susana Méndez, responsábel da Secretaría Confederal de Organización da CIG e membro da Plataforma Galiza con Catalunya | Fonte: cig.gal

Temas: CATALUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 28 comentarios

8 Ze galego

Acho que a Galiza têm outros ritmos muito diferentes aos da Catalunha, apoio a este povo na sua luta pela independência mas não entendo essa teima do nacionalismo galego em ser um mal imitador doutros por enquanto não põe em valor as próprias características deste povo quer linguística quer economicas ou sociais.

7 Virxilio

Non sei si sabedes que a Cataluña indepe é rural e caciquil. A urbana e industrial pode ser de esquerdas pero moi minoritariamente independentista.

1 Balbino Fernández

E ti sábelo pola Voz de Malicia, pola caverna mediática madrileña ou pola progresía vendida... Se tan seguros estades por que impedides un referendo democrático? Por valentía non será?

6 nostrus

Os indepes galegos son da mesma calaña que os indepes catalans e teñen en comun a desleldade e o egoismo. Estar a favor da independencia unilateral é igual como ser machista ou racista, tan só se diferencia en a quen lle asovallas os direitos e por quen sintes desprecio. O supremacismo catalan pretende independizarse por considerarnos aos demais españoles mais pobres ca eles e por eso cren que sairian gañando.

5 nostrus

Hay que tener bemoles para tener una organizacion que se llama Galicia con Cataluña y a la vez apoyar una desconexion mutua. Quien si puede estar con los separratas catalanes son los separratas gallegos que tienen la deslealtad como lema. Sea como fuere, la sociedad catalana no tiene derecho a decidir unilateralmente el futuro de España; se pueden largar cuando les de la gana, pero el territorio, que nos pertenece a todos, tienen que dejarlo.

4 Shakespeare

La cara es el espejo del alma. Frase demoledora en este caso.