Estrella Galicia anuncia a súa "escisión parcial"

O Boletín Oficial do Rexistro Mercantil publicou este mércores o depósito de escisión parcial de Hijos de Rivera, S.A. Esta é a matriz do famoso grupo cervexeiro galego, responsable de Estrella Galicia, Aguas de Cabreiroá, sidras Maeloc e outras coñecidas marcas de bebidas.

Por Manuel Vilas | A Coruña | 14/09/2017 | Actualizada ás 09:45

Comparte esta noticia

A Lei obriga a anunciar e depositar no Rexistro Mercantil os plans de escisión, aínda que sexan parciais,como neste caso. 

Estrella Galicia
Estrella Galicia

Unha escisión parcial prodúcese cando unha empresa se reestrutura, traspasando en bloque unha ou varias partes do seu patrimonio -que deben ser unidades económicas- a outras empresa beneficiarias diferentes, que poden ser de nova creación ou xa existentes. En termos moi xerais de dereito mercantil, unha escisión parcial é o contrario dunha fusión, implicando ademais que a sociedade escindida, neste caso a citada matriz, non desaparece.

Hijos de Rivera entregou o seu proxecto de excisión no Rexistro Mercantil da Coruña o 17 de agosto deste ano. GC pediu máis información ao grupo sobre a operación, e a empresa responde que estamos ante unha “restruturación interna mercantil” que "responde a unha reordenación de actividades". Ademais, deixa claro que "non afecta á propiedade da matriz, que sigue sendo a mesma" nin a actividade da empresa. 

En todo caso, o movemento empresarial non debería ser produto de problemas económicos, pois en teoría Hijos de Rivera goza de boa saúde. Por exemplo, o ano pasado pagou 133,8 de impostos tras os seus beneficios no Estado, o 95% do total, o 5% restante pagounos en Brasil.

A centenaria cervexería herculina está dirixida Santiago Ojea Rivera, membro da familia fundadora. 

CEO de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera
CEO de Hijos de Rivera, Ignacio Rivera | Fonte: mundoHR

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 bravo

Noraboa e parabens a Hijos de Rivera!! Un modelo empresarial de autentico compromiso coa nosa nacióna sua xente e a sua cultura

2 Domi

Gran cervexa e grande tamén a xestión de Ignacio Rivera Quintana, hai con toda claridade un antes e un despois de que empezase a asumir responsabilidades, tanto na estratexia comercial exterior coma na imaxe de marca, solidamente identificada (Ignacio Rivera dixit) coas implicacións positivas da galeguidade. Moitos parabéns! E encima está boa...

1 Nexus 6

Estrella Galicia, una cerveza gallega al nivel de las mejores del mundo. Orgullo de Galicia. Sabor de Galicia. Así como suena. ESTRELLA GALICIA

1 Loo

Ya estás borracho que trabajas en ella

2 nostrus

A mi tambien me gusta mucho esa cerveza. Y desde luego contribuye a la identidad de Galicia, igual que los naciotas que forman parte de la fauna.

3 Lionel messi

Veo que los españolistas sois todos unos borrachos debe ser que como se os va Cataluña os entra la depre

4 Eu mesmo

A wikipedia defínete perfectamente: "El estado consciente del enfermo es normal; su actitud psíquica se caracteriza por el egocentrismo y el aislamiento, y expresa una pérdida de contacto con la realidad, manifiesta ideas delirantes (persecución, intentos de envenenamiento, influencias extrañas, brujería, etc.) y trastornos de la percepción (en algunos casos alucinaciones de tipo auditivo, en las que «oye» voces amenazadoras o críticas). Las causas pueden ser varias y no se conocen con exactitud. Al parecer, intervienen factores generales, psicológicos y socioculturales". Adiviña cal é o nome da túa patoloxía?

5 Xanti

Don't feed the troll.