O grupo de Hijos de Rivera, propietario de Estrella Galicia, abona 134 millóns en impostos en España en 2016

O Grupo Corporación Hijos de Rivera, propietario de Estrella Galicia, abonou en 2016 un total de 133,8 millóns de euros en España, o que supón o 95% dos tributos pagos pola compañía nese ano, ao que hai sumar o achegado en Brasil --onde tamén ten presenza-- ata un total de 139 millóns.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2017 | Actualizada ás 19:18 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Grupo Corporación Hijos de Rivera, propietario de Estrella Galicia, abonou en 2016 un total de 133,8 millóns de euros en España, o que supón o 95% dos tributos pagos pola compañía nese ano, ao que hai sumar o achegado en Brasil --onde tamén ten presenza-- ata un total de 139 millóns.

Estrella Galicia
Estrella Galicia | Fonte: Europa Press

En detalle, a liquidación do IVE da compañía supuxo 83,6 millóns de euros, mentres que a cifra en impostos especiais é de 24,5 millóns e en retencións de 8,3 millóns.

Nun comunicado, a compañía informa de que o imposto de sociedades deu lugar ao pago de 17,4 millóns, o que se traduce nun incremento do 30% respecto de 2015. Hijos de Rivera remarca que esta subida "resulta especialmente destacable nun exercicio no que se reduciu pola lei o tipo impositivo, concretamente do 28% ao 25%".

De tal forma, "de cada 100 euros de valor xerado" polo grupo Hijos de Rivera en 2016 un total de "34,2 euros foron destinados á arca públicas mediante o pago de impostos directo ou indirectos".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Bibir

Éste grupo empresarial sí que ten un compromiso con este país, medra neste país e tributa no Estado Español Veñan máis Hijos de Rivera e menos Inditex