Pontón repudia a "impunidade do fascismo" en España e encabezará a delegación do BNG que o denunciará ante a ONU

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ratificou que este mércores unha delegación da súa formación desprazarase a Xenebra para presentar unha denuncia ante a ONU contra "o espolio do franquismo en Galicia" en relación ao Pazo de Meirás e a outros bens "roubados ao pobo galego", así como ante a "impunidade" contra a que "aínda actúa o franquismo no Estado".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/09/2017 | Actualizada ás 15:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, ratificou que este mércores unha delegación da súa formación desprazarase a Xenebra para presentar unha denuncia ante a ONU contra "o espolio do franquismo en Galicia" en relación ao Pazo de Meirás e a outros bens "roubados ao pobo galego", así como ante a "impunidade" contra a que "aínda actúa o franquismo no Estado".

Ana Pontón
Ana Pontón | Fonte: Europa Press

En rolda de prensa, a preguntas dos medios, Pontón indicou que ela mesma encabezará a delegación que presentará a denuncia en Xenebra.

"Polo que significa o espolio do Pazo de Meirás que pagamos os galegos case a punta de pistola e tamén contra a impunidade do fascismo en España; porque é incrible que haxa persoas perseguidas pola súa opinión, por defender a democracia e, ao mesmo tempo, se permita a exaltación do fascismo sen que haxa ningún tipo de consecuencia", esgrimiu a dirixente nacionalista.

Non en balde, incidiu en que "como demócrata" provócalle "indignación" ver como o Estado español "fai a vista gorda" fronte á Fundación Francisco Franco, unha entidade "que fai exaltación dos crimes do franquismo".

"Chegou o momento de dicir xa abonda e nunca máis franquismo", aseverou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta