Temas: ALZHEIMER

Como hai que tratar o Alzhéimer e outras demencias

Presentáse o primeiro manual específico elaborado polas traballadoras sociais das asociacións que compoñen a federación.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/09/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Os pacientes e familiares de Alzhéimer xa contan cunha guía específica sobre como tratar esta enfermidade. A Federación Alzhéimer Galicia  presentou o manual “Traballo Social en alzhéimer e outra demencias neurodexenerativas”, un documento elaborado por nove profesionais das asociacións galegas e a federación que forman o Grupo de Traballo de Traballadoras Sociais de FAGAL, creado no ano 2016. O obxectivo deste manual é que sexa unha referencia para os profesionais deste ámbito así como o de unificar criterios de atención para as asociacións que traballan con persoas con alzhéimer.

Este manual específico en Traballo Social pretende dar unha ampla visión do traballo dos profesionais neste ámbito nas asociacións de persoas con alzhéimer, incluíndo información útil para as familias, como os recursos sociais existentes ou os servizos realizados polas AFAs. O documento estará dispoñible nas vindeiras semanas na web da federación (www.fagal.org) para a súa descarga gratuita.

Ancián afectado de
Ancián afectado de

A Coordinadora do Manual, Romina Ferral, destacou  durante a súa presentación que “este manual está dirixido a persoas que queiran coñecer máis sobre traballo social e demencias, tanto estudantes como profesionais”.  

Por outra banda, o Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez Bernárdez, remarcou a importancia deste manual xa que “é o primeiro documento específico de atención ás demencias no ámbito do Traballo Social en España”. Neste senso recordou a importancia do convenio asinado co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, asinado o pasado ano e que vai fructificar nun curso sobre demencias de máis de 100h que comezará nas vindeiras semanas. Así o confirmou a súa Presidenta, Marta Capeáns, quen aproveitou a ocasión para felicitar ás autoras do manual, que considera “importantísimo e desde o Colexio sempre van a estar apoiando este tipo de iniciativas”.

Temas: ALZHEIMER
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta