UPyD acusa a Ana Pontón de “promover o odio nacionalista” entre os galegos

O líder da formación en Galicia aposta por centralizar a Educación ou a Sanidade “sen nacionalismos” e con “políticas progresistas”.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 25/09/2017 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Unión Progreso e Democracia en Galicia (UPyD) acusou duramente a Ana Pontón, a líder do BNG, de “incentivar o odio na sociedade galega como fixeron os nacionalistas cataláns” e pídelle “sentido común” ao Bloque. “É ridículo que o BNG defenda a autodeterminación para Galicia. Fan unha política de dereitas para unha Galicia progresista que necesita mirar a Europa, non pecharse a ela”, denunciou o líder da formación en Galicia, Javier Lojo.

Javier Lojo, novo líder de UPYD en Galicia
Javier Lojo, novo líder de UPYD en Galicia | Fonte: UPYD

Tras a presentación das “Bases democráticas” do BNG, no que se recolle o dereito de autodeterminación, UpyD criticou duramente un documento que chama a facer o que fai Cataluña. Quere Ana Pontón que os galegos lle guinden pedras á Garda Civil e que salten a lei como pasou en Cataluña? Si iso pasara, ela e a súa formación serían os máximos culpables”, advertiu Lojo. Así, suliñou que os territorios “non teñen ningún dereito, téñenos os cidadáns”.

UPYD cre que o modelo das autonomías está esgotado e non serve para garantir a igualdade e a cohesión. Por iso, reclama revisar este modelo e que o Estado volva a centralizar servizos como a Sanidade ou a Educación. “Galicia debe ser decisiva na toma de decisións nacionais pero non á conta de máis nacionalismo, senón de políticas progresistas que fagan que todos os cidadáns senten mellor representados”, indica nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

7 Anti...

E lojo e verdade o que dixo rosa diez de que en Galiza inda restan parvos que seguen o seu ideario.

6 Xabier

Quen é este?, UPyD inda existe é en Galicia obtivo algunha vez representación. Manda carallo que unha persoa como esta queira facerse notar en Galicia a conta doutros. En Madrid podrían facerlle un oco e que quede alí que aquí pinta ben pouco ou máis ben nada.

5 Hartito

Javier lojo primero explica porque vuestras siglas se parecen tanto a cierto eslogan que estuvo vigente durante cuarenta años Un a grande y libre y lo vuestro es unidad progreso y democracia ser a porque sois los mismos fascistas con diferentes collares por cierto está bien que si te preocupan los gallegos estés en un partido cuya presidenta insultó a los gallegos y tenía un cierto tufillo gallegofobo Pero claro ton tos los hay en todos los sitios.

4 nostrus

Certo, Galicia debe ter mais peso nas decisions do estado, pero porque Galicia sexa mais forte e productiva e non polo chantaxe nin por supremacismo. Os nacionalismos non teñen programa, tan só egoismo e supremacismo. Hai que buscar un sistema no que as competencias de sanidade e educacion estean compertidas entre o estado e as autonomias para mellor funcionamiento hacia os cidadans e non para que os naciotas disfruten pensando que son unha nacion. As autonomias deben mellorar o que fai o estado, pero non sustituilo. UPyD e C´s son os partidos mais sensatos e responsables porque pensan no benestar das personas. Lastima que ambos partidos non chegaran a unirse.

1 Ana

Parabéns Nostrus, os fascistas estades de noraboa, ides recuperando prazas en Alemaña. Haberá que sair a cazar ratas de novo!

2 nostrus

Non Ana, os neonazis de Alemaña son camaradas vosos, doutra camada, pero do voso cortello. Chegará un dia en que esa xentiña se fará dona das ruas e daquela non haberá lei que acaten por moi democrática que sexa. O feixismo, en calquera das suas variantes representan todo aquelo contra o que loito.

3 Freixo

Demasiado espaço para esta I-MUN-DÍ-CIE supremacista espanhola.