A rebelión de Catalunya e a revolución francesa

A revolución francesa difundiu polo mundo os ideais de liberdade e fraternidade, así como o da soberanía popular; e divulgou, primordialmente o coñecemento dos dereitos fundamentais do home e do cidadán...

Por Carlos González Armada | Vigo | 02/10/2017

Comparte esta noticia
Cando se produciu a revolución francesa habia leis inxustas, igual que hoxe hai leis inxustas, e contra as leis inxustas só cabe a rebelión cidadá, rebelión que se está producindo hoxe en Catalunya....o Tribunal da Haia déixoo moi claro no conflito do Kósovo, "cando existe unha controversia entre a legalidade e a vontade democrática prevalece sempre a vontade democrática, porque será a vontade democrática da cidadanía quen poida alterar esa legalidade vixente".
 
Francia achábase rexida por unha monarquía absoluta que gobernaba cun poder ilimitado, (igual que pretende facer o PP). O rei, que se cría designado por Deus, (igual que Rajoy), para gobernar, procedía en forma arbitraria, (igual que o PP), pois non daba conta dos seus actos a ninguén; (lembremos a Rajoy declarando...non sabia nin contestaba a nada). O rei de Francia gastaba como e cando quería as rendas do Estado, (igual que fai o PP), nomeaba os funcionarios; declaraba a guerra, (igual que fai o PP hoxe en Catalunya), ditaba leis, como as que ditou o PP para dar potestades ao Tribunal Constitucional que non tiña hai poucas semanas. 
 
O rei de Francia ata podía dispoñer dos bens dos seus súbditos cando así o estimaba convenientemente, (igual que fai o goberno de España cos desafiuzamentos). Non había liberdade individual, pois o soberano podía ordenar a detención de calquera cidadán sen causa xustificada...¿non vos soa de nada isto co de Catalunya?....antes da revolución, en Francia, as leis non se aplicaban por igual nin co mesmo rigor, por un mesmo delito a pena non era a mesma tratándose dun nobre e dun labrego...igual que pasa hoxe en día en España 
 
O dereito de autodeterminación dun pobo hao de decidir ese pobo...en Kósovo o tribunal da Haia ditaminou que a autodeterminación de Kósovo debíao determinar o pobo de Kósovo. En Quebec en 1995 o pobo decidiu o seu propio destino, en Escocia en 2014 tamén se votou pola autodeterminación....en España o partido popular e o réxime do 78 non permiten que calquera pobo poida ostentar ese dereito recoñecido pola ONU, e o Tribunal da Haia 
 
Poida que chegase o momento de que en España levemos a cabo unha revolución para conseguir que os nosos dereitos, igual que o fixeron en Francia, sexan respectados, e que votar, que é o maior acto de democracia que existe, non sexa un delito, e roubar o diñeiro dos nosos impostos se o sexa...os franceses conseguírono, os kosovares tamén, porque non podemos conseguilo os españois?....Rajoy e o goberno do PP acaban de quedar deslegitimados para gobernar nun país democrático, onde para levar a razón non utilizan o diálogo político, senón a forza do poder.....rajoy debe dimitir de forma inmediata....porque hoxe caeron moitas caretas, e porque sexa cal for o resultado do referendo catalán do 1 de outubro, hoxe perdeu o fascismo e gañamos os demócratas 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA