Xa van 1.500 hectáreas queimadas en pleno outubro

Con gran parte do dispositivo antilumes desmobilizado pola fin da tempada de alta risco, até 10 lumes arrasan varias zonas do interior, incluídas áreas de alto valor ecolóxico como o Xurés e O Courel. Unha asociación ecoloxista denunciará a Beatriz Mato na UE por suposta deixación de funcións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2017 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

Os efectivos de emerxencias traballan este xoves no control e extinción de ata 10 incendios forestais que afectan as provincias de Lugo e Ourense e que queimaron preto de 1.500 hectáreas.

Incendio en Vilariño de Conxo
Incendio en Vilariño de Conxo | Fonte: Brif Laza

AFECTADO O XURÉS DE NOVO

Segundo os últimos datos da Consellería do Medio Rural, ningún dos tres incendios rexistrados na parroquia de Río Caldo de Lobios, en Ourense, está activo. O tres lumes desta zona afectaron a case 800 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

En concreto, está estabilizado desde este mércores o lume iniciado o domingo nesta zona e que, segundo as estimacións da Xunta, afectou a unhas 650 hectáreas. Pola súa banda, están controlados outros dous lumes na parroquia de Río Caldo, un de 90 hectáreas e outro de 51.

OURENSE

Na provincia de Ourense atópase activo o lume de Vilariño de Conso, iniciado na parroquia de Chaguazoso pouco antes das 17,00 horas deste mércores. As lapas, segundo as estimacións actuais, afectan a unhas 300 hectáreas de terreo.

Incendio no Courel
Incendio no Courel | Fonte: BRIF Laza

En Chandrexa de Queixa está estabilizado desde esta tarde o incendio forestal que afectaba á parroquia de Requeixo e que queimou unhas 20 hectáreas; mentres que está controlado, tras calcinar unhas 50 hectáreas, o lume da parroquia de Queixa. Tamén controlado está o incendio da parroquia de Rebordechau, en Vilar de Barrio, que afectou a unhas 80 hectáreas.

Finalmente, a Xunta deu por extinguido outro incendio en Vilariño de Conso, neste caso na parroquia de Fitorio, que afectou a sete hectáreas.

DOUS ACTIVOS EN LUGO

Na provincia de Lugo, pola súa banda, permanecen activos dous lumes, un en Folgoso do Courel e outro en Chantada.

En concreto, o incendio de Folgoso do Courel, iniciado na parroquia de Meiraos, permanece activo desde as 7,27 horas deste mércores e afectou a unhas 150 hectáreas de terreo.

Pola súa banda, en Chantada, outro incendio iniciado pouco despois das 14,30 horas deste xoves na parroquia de Esmeriz queimou xa unhas 55 hectáreas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Antilumes

Feijoo 1ª O Arrasador

1 3000 hectareas saben

chamome manuel serafin cristobal, toxo fermoso, vivo en Nogueira de muñiz, castroverde, estrada a verdiogo, solicitio en vista das circunstancias planton e operativo preventivo de dous unidades de bombeiros do concello de vigo para protexer a miña vida, son un "picudiño" autoctono e decir da casa e teño dous anos de vida, en vista das circunstancia sintome moi ameazado... e teñan tamen enconta que son especie catalogada pola universidade de santi-AGE, departamento de bioloxicas como especie o borde da desaparición, deixenme vivir acaso non queren os picudiños... que fixemos, cando nos cortan acaso sangamos cando nos queiman acaso non morremos