La Región desvela como Presidencia chantaxea aos xornais

A denuncia do editor de La Región e Atlántico sobre a 'cociña' dos anuncios da Xunta, incluídas comisións para consultoras dun cuñado dun asesor de Feijóo, é unha bomba de reloxería. Hoxe o PSdeG pediu explicacións.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/11/2010 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

Galicia Confidencial ten denunciado moitas veces como as administracións reparten anuncios e convenios a dedo entre certos medios. Así, sucedeu, por exemplo, coa visita papal.

None

Agora é un dos propios xornais afectados quen confirma como o Goberno explota as campañas de publicidade para comprar liñas editoriais. Trátase, ademais, dun presunto e grave caso de corrupción.

Atentos ao publicado por La Región de Ourense, tamén dona do Atlántico Diario:

"Enrique Varela es el hombre elegido por el secretario xeral Alfonso Cabaleiro, para regular, supuestamente de forma objetiva, las relaciones comerciales del Ejecutivo autonómico con los medios de comunicación.

Para ello, ha mantenido reuniones con directivos de empresas del sector en las que les comunicó su intención de crear un nuevo marco, con el que pretende intervenir e imponer la política de precios, ahora estipulada por la realidad del mercado y la libre competencia.

Además, la intención de Enrique Varela, cuyo diálogo con los medios se ha desarrollado en ocasiones en tono amenazante, consiste en imponer como intermediarias en la facturación a terceras empresas (elegidas discrecionalmente por la propia administración) que se quedarían con un porcentaje de las ventas.

En este tenso diálogo con las empresas de comunicación, Varela no ha dudado en intentar condicionar las campañas de publicidad de la Xunta con exigencias de carácter informativo, con la pretensión de garantizar un trato amable y favorable a los intereses de los dirigentes del PPdeG y del Gobierno gallego".


Entre as empresas "elegidas discrecionalmente por la propia administración" está a axencia Publitia. Esta compañía é filial ao 100% da empresa "Salón Mirate", fundanda por Enrique Varela, o asesor da secretaría xeral de Medios, e dirixida polo seu cuñado, Jesús María Ramos Arévalo.

É máis, Enrique Varela foi administrador único de Salón Mírate até xaneiro deste ano, meses despois de que comezar a actuar como asesor de Alfonso Cabaleiro e Feijóo.

En definitiva, La Región denuncia que un asesor de Feijóo chantaxea aos medios cos anuncios da Xunta para lograr un bo trato para os políticos conservadores. Ese mesmo asesor desviaría a tramitación dos anuncios, coa correspondente comisión, a través dunha empresa propiedade dun familiar seu e que el mesmo dirixiu até este ano, meses despois de comezar a actuar como intermediador entre a Presidencia da Xunta e os medios.

Galicia Confidencial confirmou no Rexistro Mercantil que os datos de La Región sobre Enrique Varela son certos. Ademais de Publitia, tamén  mantivo relacións societarias coas consultoras Varela Vázquez Comunicación, Publimax Vigo e Tevemos Comunicación.

A credibilidade da denuncia é maior porque provén dun grupo mediático tradicionalmente moi próximo ao PPdeG. Ademais, os seus diarios reproducen dúas ordes de publicidade deste ano que proban a intermediación das empresas vinculadas a Varela.

None

O PSOE leva o caso ao Parlamento

Ante este escándalo, o deputado socialista Jose Manuel Lage Tuñas pediu hoxe “transparencia nas contratacións da publicidade institucional e explicacións por parte do goberno galego diante das denuncias de dous medios de comunicación da posible existencia de trato de favor a algunhas sociedades con vínculos con asesores do Presidente da Xunta de Galicia”.

O deputado socialista considera necesario que se aclare que está pasando coa publicidade institucional da Xunta de Galicia “xa que sorprende moito que as denuncias efectuadas por dous xornais non teña sido desmentida polo goberno”.

U-la prometida Lei de Publicidade Institucional?

Non só Presidencia garda silencio. Tamén o resto de grandes cabeceiras non informou nin da grave denuncia de La Región nin da petición socialista de explicacións.

O PPdeG acaba de adiar a tramitación dunha nova Lei de Publicidade Institucional para despois das eleccións locais. Os conservadores prometeran máis obxectividade no reparto dos anuncios e vincular as axudas ao emprego estábel nos medios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 41 comentarios

20 Guillotin

Pero que espelidos sonche estes rapazes. Eche o que ten estudiar no Montecastelo e na Universidade de Navarra. Eche o que ten ser de familia obreira (da Obra, se entende), que salen listos de carallo.

19 xoan

os amiguiños do niño feijoo, estanse facendo de oro, coma os da coz ...

18 A. Ervedelo

Este caso de evidente corrupción é cousa sabida e extendida, o extraño é que ninguén o denuncia. A Secrtaria Xeral de Comunicación así como a o Consorcio Audivisual son dous organismos baixo sospeita que se deberana investigar a fondo.

17 rosebud

Nada novo baixo o sol. Os políticos (os do PP máis que os demáis con diferencia) meten publicidade a esgalla nos media para que falen ben deles. E se ademáis pode alguén da familia coller tallada perfecto. A diferencia neste caso é que alguén tira da manta. Que está pasando aquí?. Pois nada, o PP é unha mafia, e cando alguén está fodido pois como bó arrepentido dí algunha verdade. Verdade que calou cando lle conviña. La Región é de Baltar, e Feijoo non lle da un peso institucional. Ergo La Región dí, AGORA, que a publicidade institucional se da para mercar novas, e que ademáis alguén se beneficia. Bueno, tamén La Voz de Galicia, dixo no congreso provincial que Baltar tiña prácticas caciquiles en Ourense, despois de 20 anos, la coz caeu da burra...As mafias son así, se o vedes como unha mafia enténdese todo.

16 Eugenio Pombo

Suxiro a moderación correcta destas opinións .Nesta páxina hai persoas que necesitan ser moderados os seus comentarios xa que nalgún caso foiselle a man no teclado e xa cometeu un delito tipificado como saberedes no código penal.

1 o padriño

Eugenio, ten un pouco de coherencia e vaite ó xulgado correndo. A que esperas?.