Por Galicia Confidencial | Santiago | 16/11/2010 | Actualizada ás 23:10
Os liberais están de moda. Logo de chegar ao goberno en Inglaterra e Alemania, en Galicia non queren quedar atrás. Se fai uns meses era Converxencia XXI quen anunciaba a presentación de candidaturas para as municipais do 2011 para ocupar o espazo dos liberais galegos, agora é o Centro Democrático Liberal (CDL) quen reclama para si a ese electorado que pode estar descontento co Partido Popular.
O presidente deste partido en Galicia, José Palacín, acaba de remitir unha carta na que tenta vender o seu proxecto político. En Galicia, este partido fundouse en 2007 pero asociouse con Coalición Galega, Iniciativa Galega e Unidade por Narón para formar a Coalición Terra Galega. "Nuestro partido se presentó a las municipales de 2007 obteniendo la cifra de 3 alcaldes y 39 concejales, actualmente disponemos de 48 en todo el territorio nacional y estamos preparando los proximos comicios locales con más de 100 candidaturas en toda España", sinala.
Problemas
Sen embargo, CDI apoiou a candidatura de Terra Galega con tan só a inclusión de tres membros nas listas, tras un acordo informal auspiciado polo seu ex secretario xeral, Ignacio Expósito. Unha coalición que comezou a fragmentarse coa marcha de Xoán Gato, líder de Unidade por Narón.
Por iso, CDI baralla ir en solitario as municipais. "En Galicia el partido se fundó en 2007 pero empezó a arrancar a finales del año pasado. Desde entonces hemos quintuplicado la afiliación y formalizado el I Congreso Federal", sinala nesta misiva o seu presidente.
Fragmentación
Pero o CDI terá que volver competir cos seus socios de Terra Galega --cos que ainda non descarta un acordo-- e, especialmente, con Xoán Gato, que nas últimas semanas se está movendo para montar un novo partido, nesta ocasión en Ferrol, o que podería supor a fin de Independentes por Ferrol, que lidera o ex conselleiro con Fraga, Juan Fernández.
Moitos comensais para un único pastel xa que estes partidos compiten por un electorado semellante; liberal, centrista e galeguista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.