SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/11/2017 | Actualizada ás 11:22 por EUROPA PRESS
Unha colisión múltiple rexistrada na Laracha (A Coruña) saldouse con dúas persoas feridas, segundo informa o 112. No sinistro víronse implicados catro vehículos.
O accidente produciuse no quilómetro 7 da AC-523, a estrada que conecta Cerceda con Ledoño, á altura do Corgo, apuntan as mesmas fontes.
Un particular chamou ao 112 ás 19,40 horas do martes para dar a voz de alarma. Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 informou ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Bergantiños, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.
Até o lugar do sinistro foron mobilizadas dúas ambulancias. Finalmente, as dúas persoas feridas foron evacuadas a un centro hospitalario.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.