Por X.M. Fernández | Guitiriz | 10/11/2017 | Actualizada ás 21:09
Un recoñecemento máis á labor cultural que desenvolve esta entidade que o mes pasado alcanzou os corenta anos de vida. Ao longo do ano organizan diferentes eventos culturais e tamén é coñecida a súa faceta editorial tendo publicado numerosos libros aínda que o evento con máis repercusión que organizan é o Festival de Pardiñas no mes de agosto.
No programa de actos que comeza ás 11.00 h co recibimento do representante da entidade homenaxeada na Casa do Concello polo alcalde, corporación e a mesma asociación anfitrioa destacan a visita á casa paternal de Fidel Castro e Raúl Castro pola mañá e o propio acto de entrega do premio a partires das 13.45 h. na antiga Casa Consistorial.
A presentación do acto corre a cargo de Tonina Gay e haberá intervencións de Rubén Aramburu, Marica Campo, Mero Iglesias, Xulio Xiz, e Margarita Ledo Andión que será a encargada da entrega do premio.
Para as 14.30 h. está programado un “xantar de honra” no que poderán participar todos os que o desexen previa retirada da invitación (tel. 627537176 / Carlos S. López). Despois do xantar haberá intervencións musicais e do resto de persoeiros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.