Temas: SEXUALIDADE

As claves da exaculación feminina, entre as novidades das NerdNites

As sesións organizadas pola USC chegan xa ás cen charlas.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/11/2017 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

O vindeiro mércores 15 terá lugar unha nova sesión das NerdNites, da USC, con tres temas singulares como son exaculación feminina, fuso horario e cannabis. Coa xornada, ás 21:30 horas na Nave de Vidan, esta proposta lúdico-científica chega ás 100 charlas. 

Relación sexual entre un home e unha muller
Relación sexual entre un home e unha muller | Fonte: VIX

A psicóloga sanitaria, sexóloga e fundadora de ‘Con Mucho Gusto!’, Martina González Veiga, intervirá coa charla ‘Chove sobre mollado: exaculación feminina’, mentres que o catedrático de Electromagnetismo da USC Jorge Mira fará o propio con ‘O fuso horario é inocente’. Por último, ‘Que queres saber e non te atreves a preguntar sobre o cannabis?’ é a proposta de Manuel Isorna Folgar, técnico en prevención de drogodependendencias do Concello de Catoira e profesor asociado da Universidade de Vigo

Temas: SEXUALIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta