Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/11/2017 | Actualizada ás 13:18
“Galicia xa empeza a reverdecer”. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, cre que o verde típico deste país xa comezou a agromar coas últimas choivas caídas, a pesar da seca continuada. En todo caso, non descarta ampliar a partida orzamentaria de 1 millón de euros habilitada para paliar os danos que a seca está a producir a gandeiros e agricultores galegos.
Preguntada respecto diso após a súa intervención no 'Fórum Europa. Tribuna Galicia', Vázquez destacou que o número de solicitudes recibidas até agora é "importante", por iso é polo que a Xunta non descarte "ampliar a partida", que permite optar a subvencións de 5.000 euros por actuación, de acordo coas cifras que achegou. Estas axudas están destinadas á creación de novos pozos, para profundar nos existentes, para canalizacións e abrevadeiros de profesionais en activo.
Á cuestión de se o Goberno ten xa unha estimación dos danos ocasionados pola seca no campo galego, a conselleira respondeu que "se analizará cada un dos sectores", pero mencionou algúns como o da castaña, cuxa recollida caeu e tamén se obtivo dun tamaño menor; o dos cogomelos, que "até esta fin de semana" non saíu "nin o primeiro"; e a afección en pastos "en certas zonas".
"Independentemente do último orballo e as últimas choivas, aínda que fixo que as captacións non abrisen, si ben é certo que xa empeza a reverdecer o noso territorio", comentou, antes de recoñecer que "si" influíu a seca en diferentes ámbitos, e que a consellería analizará "cada un dos sectores".
Alerta
A seca que afecta a Galicia provocou a declaración da situación de alerta en sete sistemas da demarcación hidrográfica Galicia-Costa e en toda a de Miño-Sil. Este mesmo luns, Augas pediu aos concellos que se abastecen do Lérez --os últimos en entrar en alerta-- que fixen obxectivos concretos para reducir o consumo de auga.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.