Ferida unha persoa ao ser atropelada na Pobra de Trives (Ourense)

Unha persoa resultou ferida na mañá deste luns após ser atropelada por un vehículo no termo municipal da Pobra de Trives (Ourense).

OURENSE | 20/11/2017 | Actualizada ás 13:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha persoa resultou ferida na mañá deste luns após ser atropelada por un vehículo no termo municipal da Pobra de Trives (Ourense).

Segundo informou o 112 Galicia, os servizos sanitarios de urxencia avisaron dun atropelo no concello ourensán da Pobra de Trives e indicaron que unha ambulancia se dirixía á parada de taxis de Marqués de Trives, para evacuar a unha persoa atropelada.

Após recibir o aviso, ás 10,20 horas este luns o 112 solicitou a colaboración dos axentes da Policía Local e informou os membros do GES de Castro Caldelas e de Protección Civil de Trives.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta