Defensa da Ría de Vigo oponse tamén ao transvasamento do río Verdugo

Sinalan "falta de estudos e garantías" para o mantemento do caudal ecolóxico, así como os "posibles efectos" sobre o ecosistema na enseada de San Simón e a Ría de Vigo.

Por E.P. | VIGO | 01/12/2017 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

A Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo, 'Cíes', trasladou a súa oposición ao transvasamento do río Verdugo até o encoro de Eiras ante a "falta de estudos e garantías" para o mantemento do caudal ecolóxico, así como polos "posibles efectos" sobre o ecosistema na enseada de San Simón e a Ría de Vigo.

Río Verdugo
Río Verdugo | Fonte: Gabriel González.

Nun comunicado, o presidente do colectivo, Serxio Regueira, remarcou que a auga "é un recurso natural imprescindible para o medio ambiente e a supervivencia dos seres vivos", polo que "non pode estar suxeito ás ocorrencias espontáneas de ningunha persona organismo" a pesar de que se dean situacións excepcionais como a seca actual.

Así as cousas, deu o seu apoio á manifestación convocada polo Concello de Ponte Caldelas para este domingo, e avanzou que organizará mesas de debate para analizar as diferentes posibilidades do uso da auga "sen que afecte os ecosistemas e a contorna natural".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta