Caravanas de coches en defensa da área sanitaria da Mariña lucense

A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña amosa a súa "oposición contundente" á supresión da área sanitaria, anuncia novas protestas e esixe á Xunta que dé marcha atrás na reforma da Lei galega de Saúde aprobada "en plena ponte de decembro e con aleivosía".

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 09/12/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Tres caravanas de vehículos percorreron de forma simultánea este sábado diversos municipios da comarca da Mariña lucense para mostrar o seu rexeitamento á supresión da área sanitaria da zona e esixir á Xunta que dé marcha atrás na reforma da Lei galega de saúde.

Imaxe dunha das caravanas convocadas na Mariña lucense
Imaxe dunha das caravanas convocadas na Mariña lucense | Fonte: Europa Press

A coordinadora da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña, Montse Porteiro, explicou en declaracións a Europa Press que con estas accións reivindicativas os participantes buscan amosar a súa oposición "máis contundente que nunca" á reforma da normativa sanitaria galega.

E é que, segundo indicou, coa reforma aprobada "en plena ponte de decembro e con aleivosía" por parte do Consello da Xunta o pasado xoves, o Goberno galego avanza na supresión da área sanitaria da Mariña lucense para "afastar" a sanidade dos veciños e profundar na súa privatización.

En concreto, as mobilizacións deste sábado partiron dos municipios de Ribadeo, Trabada e Viveiro rumbo a Barreiros, Mondoñedo e Xove, respectivamente. Nestas últimas localidades, ás que chegaron os vehículos pitando e con numerosos carteis pegados, os participantes convocaron tres concentracións nas que portaron pancartas nas que se puido ler 'Non a supresión dá área sanitaria dá Mariña'.

MÁIS PROTESTAS

Na súa intervención, a coordinadora da plataforma explicou que, ante o paso dado pola Xunta o pasado xoves, que dá luz verde á tramitación parlamentaria da modificación da lei, continuarán as súas protestas "con máis forza que nunca".

Así, estas caravanas, que se suman ás manifestacións que outras plataformas como a do Salnés convocaron nas últimas semanas, seguirán outras novas protestas previstas para o vindeiro sábado e que terminarán nos concellos de Foz, O Valadouro e San Cibrao.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 Natasha Rostova delasRestrevas

O máis asombroso son as declaracións deste señor Pérez, seguro que Gamela sabe quen é, eu francamente non moito... A ver, coma se Podemos non fose nunha época, que agora pretenden ocultar, terra fértil para magufadas diversas; pero moi especialmente por criticar que unha eurodeputada teña que ser fiel a alguén máis que aos seus votantes. Se ve que o espírito de Stalin anda a vagar por moito que reneguen del. Resumo, Pérez: os deputados son coma no poema de García Calvo "Libre, te quiero, pero no mía". Ser libre e ter opinión propia di ben de Lidia e criticalo non te deixa a ti moi ben.

1 Falcone

Stalin, despois de Lenine é o meu referente político, do que os seus adversarios coma Churchil, comentaba: "chegou ao poder dun País medieval, con arados de madeira, e que pouca antes avolira a escravitude...e en apeas 20 anos puxono no espazo". Ti que afirmas coñecer ben a Lidia, vasme decir que a cuestión monetaria, e ter que deixar parte do bó saario en IU,...non tivo ren que ver, na saida de Senra do seu grupo, sen comunicarllo aos seus ex compañeiros? Honestidad, que de hipocresia xa temos abondo cos grupos do réxime. Eses que mentras subvencionan a sanidade privada, namentras desfan a sanidde pública.

2 Natasha Rostova delaRestrevas

A estas alturas eu se fose catalá, sabería moi ben que vós non sodes equidistantes e que acabaredes votando a Iceta se é necesario. A min nin me enganastes, nin me enganadades nin me enganaredes. http://www.sermosgaliza.gal/articul...

1 Natasha Rostova delaRestrevas

A culpa é de Puchemón e Putin. En fin, é triste ver coma a nosa sanidade pública está a sofrer e nós seguimos enredados en discusións estériles ou acusando á riqueza lingǘística dos nosos problemas. http://www.elnacional.cat/es/socied... Aproveito para pedir desculpas a Lidia Senra, porque se ben é certo que censurei e censuro o seu comentario, entre outros motivos porque creo que neste tipo de cuestións débese ir moi ben asesorado, non vou ser coma os "seus" que a deixan soa fronte ao temporal de críticas. Non só a desautorizan se non que afirman polo que eu entendo que non pertence ás Mareas, se non a un espazo de cooperación!!!!! ???? Anttonciño, quen serías ti sen Lidia? Que desagradecidos sodes e coma fuxides de calquera polémica, de calquera batalla ideolóxica refuxiándovos na ambigüidade e nun distanciamento suposto.