GC Aberto
Temas: XUSTIZA

Inxustiza na Xustiza

Alternativas na Xustiza-Cut e os traballadores e traballadoras estamos asustados coa contestación do Maxistrado-Decano dos Xulgados da Coruña, á nosa solicitude para utilizar en igualdade de condicións as prazas de aparcadoiro dos edificios xudiciais.

Por AXG | GC ABERTO | 18/12/2017

Comparte esta noticia

Alternativas na Xustiza-Cut e os traballadores/as dos Xulgados da rúa Monforte e Capitán Juan Varela, presentamos un escrito ao Maxistrado-Decano dos Xulgados da Coruña, onde explicabamos:

Xulgados pechados na Coruña por folga na Xustiza galega
Xulgados pechados na Coruña por folga na Xustiza galega | Fonte: @alternativaxus.

-Falta de transparencia por parte da Dirección Xeral na adxudicación das prazas de aparcadoiros do edificio Rua Juan Varela (antiga audiencia provincial) porque se omitiu información do proceso de adxudicación, dos criterios de selección utilizados, ausencia de listas provisionais e por tanto, de prazos para recorrer, deixouse sen ningún tipo de xustificación fora do proceso de adxudicación a colectivos que traballan día a día no devandito edificio, e non  se respectaron as porcentaxes dos diferentes colectivos para garantir unha repartición equitativa e proporcional.

-En segundo lugar fixémoslle saber que o reparto de prazas de aparcamento que se fixo pola mesma Dirección Xeral días antes, con motivo da apertura e traslado de varios xulgados á sede xudicial da antiga Fábrica de Tabacos, foi proporcional e equitativa entre todos os colectivos que prestan servizo diariamente no devandito edificio, mediante a utilización dun proceso transparente, con información en todo momento dos criterios utilizados para a adxudicación das devanditas prazas e con publicación das listas provisionais, outorgando en consecuencia prazo para recorrer e/ou renunciar á praza adxudicada.

Por todo, solicitámoslle que dentro da súa competencia remitise comunicación a Dirección Xeral de Xustiza propoñendo unha repartición equitativa e proporcional das prazas de aparcamento dos edificios xudiciais (rúa Monforte e Capitán Juan Varela), baseado en criterios obxectivos, do mesmo xeito que se fixo no edificio da antiga Fábrica de Tabacos.

A contestación que obtivemos do Xuíz Decano recolle aspectos que consideramos reseñables e que non están a altura dun cargo de tanto prestixio, xa que por un lado considera que unha decisión é “xusta e correcta” de per se, neste caso a forma de repartir as prazas de garaxe, porque foi a que se tomou dende “a entrada en funcionamento de dito edificio” e tanto como dicir que unha decisión por moi “discriminatoria” e “inxusta” que sexa é valida por levar moitos anos en vigor.

Edificio dos xulgados
Edificio dos xulgados

Sorprende tamén que se permita o luxo de definir como “privilexio” o poder aparcar nas rúas de Monforte e Juan Varela, onde non caben máis que trinta vehículos, e para iso é necesario facelo dentro da franxa horario das 07.10 horas e as 7.40 horas aproximadamente, toda vez que dentro do noso colectivo hai un total de 400 funcionarios. De todos xeitos queremos deixar claro que os Maxistrados, Fiscais e Letrados da Administración de Xustiza, tamén poden aparcar nesta zona e que si non o fan e porque non queren, máis ben porque non o necesitan, xa que teñen unha praza no garaxe do edificio xudicial.

Pero o peor de todo é que o Decano defende o actual sistema de aparcadoiro no garaxe de Rúa Monforte, cando afirma que lle parece correcto e axustado que só poidan aparcar Xuíces, Fiscais e Letrados da Administración de Xustiza.

Estes mesmos argumentos utilizados no exercicio da súa profesión e no seo de calquera procedemento civil, (non nos esquezamos que o señor xuíz decano é titular da praza do xulgado de primeira instancia 4 da Coruña), non o deixaría en moi bo lugar como tampouco a Administración de Xustiza como garantía da tutela efectiva dos dereitos dos cidadáns, pois o criterio utilizado é en beneficio propio e dos seus colegas de profesión, en detrimento do resto de traballadores (funcionarios dos corpos de xestión e tramitación PA así como dos auxilios xudiciais).

Unha vez máis apelamos ao sentido común e ao principio de igualdade, pero se iso fose tarefa imposible para o Xuíz Decano, propoñémoslle o seguinte:

Cedémoslle a Xuíces, Fiscais e Letrados da Administración de Xustiza o noso “privilexio” de aparcar no exterior de ambas rúas, polo dereito de aparcar no garaxe da Rua Monforte e acceder ao aparcadoiro da Rua Juan Varela nas mesmas condicións que o están a facer eles.

Dende Alternativas na Xustiza-Cut, anunciamos que o acordo do Decano xa está recurrido ante o pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial e anunciamos que de persisitir na mesma actitude, non descartamos algún tipo de mobilización para a defensa do que cremos un ataque directo aos dereitos fundamentais, como é o  dereito á igualdade de trato recoñecido no artigo 14 da C.E.

 

Temas: XUSTIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta