Galicia perdeu máis de 6.500 habitantes nos seis primeiros meses de 2017

Nin os nacementos nin a inmigración serviron para paliar o número de falecementos nin compensar a saída de poboación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2017 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

Galicia perdeu un total de 6.554 habitantes no seis primeiros meses de 2017, xa que nin os nacementos nin a inmigración serviron para paliar o número de falecementos nin compensar a saída de poboación aínda que o saldo migratorio é favorable á Comunidade galega.

Persoas maiores, reunión de xubilados, charlas de xubilados, lectura
Persoas maiores, reunión de xubilados, charlas de xubilados, lectura | Fonte: Europa Press

Segundo se desprende dos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) difundidos este xoves, a 1 de xullo de 2017 Galicia sumou 2.703.662 habitantes, o que significa 6.554 menos que o 1 de xaneiro do ano anterior, o que significa un -0,24%.

Isto sitúa o noso país como a quinta Comunidade de todo o Estado en perda de poboación durante o primeiros seis meses do ano, superada por Castela e León (-0,50%), Estremadura (-0,43%), Asturias (-0,41%) e Castela-A Mancha (-0,30%).

Se se toma como referencia os movementos migratorios (saídas e chegadas de poboación), Galicia conta cun saldo positivo, após gañar 2.087 habitantes no primeiros seis meses.

En detalle, as saídas de fóra Galicia a outros países están compensadas pola chegada de habitantes de fóra de España, o que significa que Galicia gañou 2.087 persoas. Con todo, hai máis galegos que van a outras comunidades autónomas que persoas que veñen aquí procedentes do Estado; concretamente, perdéronse 699 habitantes.

Ademais, Galicia rexistra máis defuncións que nacementos, de maneira que o saldo vexetativo é negativo en 7.942 persoas neste primeiro semestre do ano, conforme aos datos do INE.

DATOS ESTATAIS

No conxunto do Estado, a poboación aumentou en 21.021 persoas durante a primeira metade do ano e situouse nos 46.549.045 habitantes a 1 de xullo. O número de estranxeiros creceu un 1% até situarse nos 4.464.997.

Durante o primeiro semestre do ano, España rexistrou un saldo migratorio positivo de 52.926 persoas, consecuencia dunha inmigración de 237.115 e unha emigración de 184.189.

No caso dos españois, o saldo migratorio foi negativo e perdéronse 12.976 persoas. Mentres, a poboación estranxeira tivo un saldo migratorio positivo, de 65.902 persoas, o que continúa a tendencia de 2015.

As comunidades con maior crecemento poboacional son, en termos relativos, Illas Baleares (0,84%), Comunidade de Madrid (0,46%) e Canarias (0,43%).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Arturo.

Galicia é ( desgraciadamente ) un país de vellos. E onde nacen moi poucos nenos. E, ainda por riba, a xente nova sae fora. Así que Galicia vai seguir perdendo habitantes. Xa sei, con outra política, etc, etc. Pois desgraciadamente, parece que chegamos a un punto de non retorno e calquer política,a que fora, ou una situación económica mellor non ía mudar eso dun xeito radical, porque en Europa a xente ten poucos nenos, mesmo cunha situación económica moi boa: en Alemania ou Suecia hai poucos nenos.