Buscan a un grupo de mozos que tentou abusar dunha rapaza na Estrada

Interrogan a posibles testemuñas e analizan cámaras para esclarecer esta situación na que estarían envoltos preto de dez homes.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2017 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

A Guardia Civil interroga este luns a posibles testemuñas e analiza cámaras da zona para esclarecer os supostos abusos denunciados por unha moza por parte dunha decena de mozos nas inmediacións dunha discoteca no municipio da Estrada (Pontevedra).

Mozos divertindose nunha discoteca
Mozos divertindose nunha discoteca

Así o explicou o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, a preguntas dos medios con motivo da súa presenza nun acto en Vigo. "É un tema moi sensible e a Guardia Civil está a traballar co interrogatorio e a posible visualización de cámaras que puidese haber na zona", abundou.

Neste sentido, pediu deixar "que traballe a Guardia Civil". "Evidentemente ante calquera situación deste tipo é necesaria esa denuncia e tamén se alguén, algún cidadán ou alguén que puidese ser testemuña, que poidan achegar datos para esclarecer o caso serán benvidos neste e noutro suposto", destacou Villanueva.

Preguntado sobre posibles pistas, o delegado matizou que "nun caso como este interrógase a todo o mundo, dentro da contorna da propia vítima pero, sobre todo, buscando a alguén que puidese identificar aos presuntos autores e xente que circulase pola zona nese momento".

Así mesmo, indicou que, "se hai cámaras que se poidan visualizar e que poidan arroxar datos que poidan levar ao esclarecemento do caso", analízanse.

DENUNCIA EN CAMBADOS

Fontes da investigación confirmaron a Europa Press que a denuncia sobre os supostos abusos de dez mozos á saída dunha discoteca presentouna unha moza a mediados da semana pasada no cuartel da Guardia Civil de Cambados.

Por iso, a Policía Xudicial da Guardia Civil de Lalín fíxose cargo da investigación dos feitos sucedidos na madrugada do pasado 9 de decembro nas inmediacións dunha discoteca na Estrada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta