Esixen melloras na unidade psiquiátrica da Coruña

O Movemento Galego da Saúde Mental denuncia "as inaceptábeis condicións das habitacións”, os “déficits de organización” e "a infradotación profesional”, e cuestiona “a inmovilización das persoas mediante suxeición ás camas”.

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 20/12/2017 | Actualizada ás 18:29

Comparte esta noticia

O Movemento Galego da Saúde Mental reclama "melloras" na unidade de hospitalización da unidade psiquiátrica da Coruña xa que, tras denunciar hai dez meses a súa pésima situación, "non houbo ningunha" actuación nese sentido.

Hospital de Oza na Coruña.
Hospital de Oza na Coruña. | Fonte: Google Maps

Nun comunicado, o MGSM, que aglutina a máis de 20 colectivos, lembra que, na devandita denuncia, advertían “das inaceptábeis e discriminatorias condicións das habitacións, coa metade dos pacientes usando baños colectivos, os déficits severos de funcionamento e de organización da actividade asistencial ou a infradotación profesional". A todo iso, engaden os "déficits de transparencia na xestión".

Asemade, o Movemento Galego da Saúde Mental cuestiona "a aplicación da contención mecánica a pacientes (inmovilización das persoas mediante suxeición ás camas), realizada nunha habitación colectiva de tres camas, violentando deste xeito os seus dereitos básicos". Sin embargo, sostiene que no se han adoptado medidas para solucionar "estas carencias".

Noutro comunicado feito público hai apenas vinte días, o MGSM denunciaba a “indignante” situación que padecen os pacientes ingresados nos centros psiquiátricos do Sergas, en concreto as situacións que padecen no Centro Hospitalario de Rehabilitación Psiquiátrica de Calde e no Hospital Psiquiátrico de Conxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta