Temas: CHUVIA NEVE

Bruno, a última gran borrasca do ano

Este martes pola tarde haberá choiva abundante e fortes ventos nas zonas costeiras e de montaña. A cota de neve baixará aos 700 metros.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 26/12/2017 | Actualizada ás 11:30

Comparte esta noticia

Galicia pecha o ano coa borrasca Bruno. Non será tan potente como Ana, pero deixará abundantes choivas e fortes ventos, segundo as previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).

As precipitacións iranse estendendo desde hoxe pola tarde e durante a madrugada do mércores, afectando a toda Galicia onde, ademais, as temperaturas diúrnas baixarán de maneira que situarán a cota de neve en 700 metros no norte, 1.000 metros na zona centro e 1.200 metros o sueste. Por cidades, os termómetros non subirán de 13 graos en ningunha delas e descenderán ata os 3 en Ourense e Lugo, 4 terán en Compostela, e 5 en Pontevedra e Vigo.

Así mesmo, desde esta mesma tarde, Galicia estará en alerta laranxa por un fenómeno meteorolóxico adverso por vento con refachos de 110 quilómetros por hora no noroeste da Coruña, na Mariña en Lugo e na montaña de Ourense e de 100 quilómetros por hora no oeste e suroeste da Coruña, na montaña de Lugo, no noroeste e sur de Ourense e no interior e a zona do Miño en Pontevedra.

Imaxe dunha borrasca
Imaxe dunha borrasca

Temas: CHUVIA NEVE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta