Blanco Valdés tilda a Pajín e Seara de "mamporreras" sen "ninguna profesión"

"Son los mamporreros del partido. Las personas profesionalmente más débiles que políticamente tienen más que perder si mañana les va mal políticamente porque no tienen una profesión".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 28/12/2010 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Así de contundente despachouse este luns o politólogo, profesor e columnista de La Voz de Galicia, Roberto Blanco Valdés para referirse ao papel que desempeñan dentro do PSOE e PSdeG, respectivamente, esas "señoras", en alusión a Leire Pajín, nova ministra de Sanidade, e Laura Seara, directora do Instituto de la Mujer e ex deputada galega

None

.

Durante o debate político do programa da Radio Galega, Galicia por Diante, Blanco Valdés criticou duramente a Pachi Vázquez por prescindir de Leiceaga e dixo que, "así lle vai... embalado cara abaixo como din todas as enquisas".

"Esta chica"

Neste sentido, criticou duramente a "esta chica, esta señora, perdón, que no me acuerdo de su nombre, que es directora general del Instituto de la Mujer...", en alusión a Seara, por sair en defensa de Pachi Vázquez na Executiva socialista do pasado 23 de decembro "con una frase de tono claramente desabrido". Nesa xuntanza a ex deputada foi unha das poucas que pediu que se votara a decisión de Pachi Vázquez, medida que, finalmente, non saíu adiante.

"Pues es muy significativo que el único apoyo de Pachi sea el de esta señora cuyo pasado se desconoce y cuya historia comienza con el primer cargo público que ocupa y, de ahí, todo lo que conocemos de ella, son los cargos públicos que va ocupando", engadiu.

"No es nadie"


Blanco Valdés insistiu no seu argumento para desacreditar a Seara. "No es nadie antes de acceder a un cargo público. No se sabe nada de lo que ha hecho en la vida antes de acceder a un cargo público", apuntou para denunciar que sexa ela o apoio máis contundente de Vázquez para "prescindir" de Leiceaga.

Precisamente, fronte alquén que "no tiene profesión" contrapón ao aínda voceiro parlamentario socialista de quen di que é "un parlamentario brillante, el mejor del año según los periodistas parlamentarios, de una gran formación académica, muy ajustada a las características del Parlamento... gran economista y de gran experiencia en la política. Es un político nato".

Comparacións con otra "señora"

O politólogo comparou a Seara con outra "señora", "esta ministra de Sanidad, que tampoco me acuerdo el nombre", en alusión a Leire Pajín, por ser unha das principais defensoras de Zapatero. Precisamente, Seara e Pajín coñecense desde hai tempo e manteñen unha longa amistade de cando as dúas militaban en Xuventudes Socialistas.

"Son los mamporreros del partido. Las personas profesionalmente más débiles que políticamente tienen más que perder si mañana les va mal políticamente porque no tienen una profesión. Esto se ha convertido en una constante en el actual partido socialista... que los más cercanos al poder son los que no tienen otra cosa que hacer y los más dados a la respuesta más dura en apoyo al jefe.... Los mamporerreros, que no sabriamos que harían de su vida si no ocupan el cargo público que ocupan", rematou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 50 comentarios

22 Aínda que todos son PSOE

Eu é que cando escoito a opinadores e polemistas profesionais falar de traballo dos demais, non sei que pensar a verdade

21 Mastro

O Sr Blanco Valdés ten sorte de ser numerario necesario para a estratexia do Sr fdez la torre. Non pasa nada, o tempo pasa para todos, canto máis apurada estea económicamente La Voz máis periga a situación do Sr blanco. Xa lle chegará o seu S. Martiño. Tempo ao tempo, as presas non son boas e as hemerotecas non se poden borrar. Sempre poderá pontificar as suas ideas no ABC ou noutros medios similares. Non temos presa, sabemos que lle chegará a sua hora, a historia non está escrita e non esquecemos aos traidores.

20 xaime

Coñecía a un Roberto Blanco Valdés, Boa xente. Estaba na Liga COnmunista Revolucionaria. BUeno, ó principio. Despois pasou ó PCG. Boa xente. Máis tarde fouse achegando ó PSOE. Co tempo perdinlle a pista . Ese do que falades agora non pode ser el,xa que a dereita do PP quédalle á esquerda. NOn, non poder ser el. Imposible. Será unha inocentada. O fillo o alcalde Blanco non pode ser este individuo.

1 pejigo

hai quen se vende por un plato de caldo, meu amigo, penso que non lle descubro nada

2 Xabier

Si era da Liga, creome todo del.Outro Pio Moa

19 Grolo

Na redacción da Voz de Galicia somos moitos os que pensamos o mesmo e que sentimos vergoña allea cada vez que leemos a este home. Qúe diferencia con Barreiro Rivas¡¡¡¡ A súa sí que é unha boa cabeza, ademáis dunha cabeza independiente.

1 Segundo grolo

Tes toda a razón, Grolo. Por iso, pola súa ética e honradez, Barreiro foi condeado pola Xustiza, falsamente acusado de prevaricador e despois os galegos, que somos parvos, non o votamos cando botou da Xunta a Fernández Albor coa moción de censura. Por riba lle chaman tránsfuga, cando o único que quería era salvar a Galiza.

2 mimadriña.....

JAJAJA....BARREIRO RIVAS...???...SIIII...LEVADEOS PARA A VOSA CASA....- MENUDOS ELEMENTOS......

18 kali

O que ten que facer a Radio Galega é deixar de levalo as tertulias, porque supoño que ademáis lle pagarán.