Temas: DIANA QUER BOIRO

Detido por intento de secuestro o principal sospeitoso da desaparición de Diana Quer

O home ten antecedentes por agresión sexual e tráfico de drogas e a súa muller tamén foi detida por un suposto delito de encubrimento. A casa da parella en Taragoña foi rexistrada.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2017 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

Axentes da Guardia Civil trasladaron á Comandancia da Coruña ao home detido polo intento de secuestro dunha moza no municipio coruñés de Boiro, que ao mesmo tempo está considerado como o principal sospeitoso da desaparición da moza madrileña Diana Quer en agosto de 2016 no municipio veciño da Pobra do Caramiñal.

Diana Quer, a moza desaparecida na Pobra.
Diana Quer, a moza desaparecida na Pobra. | Fonte: Facebook

O detido chegou sobre as 16.10 horas deste venres nun vehículo rotulado da Guardia Civil ao cuartel de Lonzas, na Coruña. No lugar, congregáronse para esperar a chegada do coche unha decena de profesionais dos medios de comunicación, entre xornalistas, cámaras e fotógrafos.

O home, que foi detido xunto a súa muller, foi arrestado en relación coa denuncia presentada o martes 26 de decembro por unha moza por un intento de secuestro após intimidala cun coitelo.
A Policía Xudicial da Guardia Civil da Coruña encárgase da investigación co apoio de axentes da Unidade Central Operativa (UCO) de Madrid, que levan a investigación da desaparición da moza madrileña na Pobra.

ANTECEDENTES

O home detido xa ten antecedentes por tráfico de drogas e xa estivo no radar dos axentes da Unidade Central Operativa pola desaparición da moza madrileña Diana Quer en agosto de 2016 no veciño municipio coruñés da Pobra do Caramiñal.

Estrada ao bordo do mar onde foi vista por última vez Diana Quer.
Estrada ao bordo do mar onde foi vista por última vez Diana Quer. | Fonte: GConfidencial

O arrestado vive en Outeiro, no concello coruñés de Rianxo, localidade separada de Boiro por uns 15 quilómetros. O primeiro municipio atópase á súa vez a un par de quilómetros da ría na zona de Taragoña onde un mariscador atopou o teléfono móbil da moza madrileña Diana Quer o 27 de outubro de 2016, dous meses despois da desaparición da moza.

DENUNCIA EN BOIRO

O pasado martes 26 de decembro unha moza denunciou que un home lle tentou roubar o móbil intimidándoa cun coitelo e tratou de introducila no maleteiro dun vehículo. Por iso, o arresto practicouse por tentativa de secuestro e intento de roubo.

A Policía Xudicial da Guardia Civil da Coruña encárgase das pescudas co apoio de axentes da UCO desprazados desde Madrid, que levan a investigación da desaparición da moza madrileña na Pobra. Na mañá deste venres levouse a cabo o rexistro da súa vivenda en Rianxo.

Fontes próximas á investigación ratificaron que axentes da UCO desprazados desde Madrid acudiron a Galicia para profundar nas liñas de investigación xa abertas en relación á desaparición o 22 de agosto de Diana Quer. Ademais, o Instituto Armado indaga para determinar a posible relación do detido coa desaparición da moza na Pobra.

Temas: DIANA QUER BOIRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta