Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/12/2017 | Actualizada ás 11:27
Se algúns crean a ficticia Tabarnia para separar Cataluña en dous pedazos, en Galicia con quedan atrás e estes días as redes e a Internet sementouse de grandes ocurrencias, desde Portugalia ata Baltarnia.
Así, no perfil de @TVGnonticias, de carácter cómico, apostaban porque en Galicia se cree Baltarnia, que se correspondería coa provincia de Ourense. Un nome en honor aos Baltar, cuxo pai e agora fillo, levan gobernando a provincia desde hai 30 anos.
Pola súa banda, o crego Luis Rodríguez Patiño apostaba máis polo termo Portugalia. “Nós en Galizia non temos que inventar nada. A historia fala por nós. Somos galaico-portugueses”, aseguraba en defensa dun nome que deriva de Portugal e de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.