Unha biografía de Rosalía, agasallo de Reis para Rajoy

O BNG agasalla cunha biografía da escritora galega ao presidente Rajoy para que comparta as razóns polas que substituiu "a un golpista" no rueiro de Pontevedra e pídelle por carta que respecte os topónimos galegos .

Por E.P. | Santiago de Compostela | 04/01/2018 | Actualizada ás 16:51

Comparte esta noticia

O deputado do BNG por Pontevedra Luís Bará remitiu ao presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, unha biografía de Rosalía de Castro como agasallo de Reis "para que lle axude a entender as razóns polas que o goberno local decidiu incluíla no rueiro da cidade en substitución de Salvador Moreno, militar golpista".

Íñigo Gómez de la Serna, Rajoy e Ana Pastor
Íñigo Gómez de la Serna, Rajoy e Ana Pastor | Fonte: Miguel Núñez

"Aproveitando estas datas festivas, quero facerlle chegar un exemplar da biografía de Rosalía de Castro publicada recentemente pola editorial Galaxia, da autoría de María Xesús Lamas, que estou seguro axudaralle a entender a riqueza, a complexidade e a extraordinaria valía da obra rosaliana", dille o parlamentario na misiva coa que acompaña o presente a Rajoy.

Neste sentido, trasládalle que coa biografía poderá "compartir as razóns polas que a día de hoxe dá nome a unha das principais avenidas da cidade".

Luís Bará tamén aproveita para expresar a súa "sorpresa" polas recentes declaracións do presidente do Executivo, pontevedrés, nas que mostraba a súa "estrañeza" polo cambio de nome. "Mesmo chegou a dicir que segue utilizando a denominación que rende homenaxe a un militar golpista e ministro da ditadura de Franco (...)", comenta.

Ao seu xuízo, iso é "razón pola que lonxe de merecer homenaxe debe ser obxecto de condena e repulsa de todas as persoas que defenden a verdade, a xustiza, os dereitos fundamentais e os principios democráticos".

Neste sentido, o nacionalista pide a Rajoy que "promova o cambio de denominación do colexio Salvador Moreno, tamén en Pontevedra, que depende do Ministerio de Defensa, porque é unha anomalía histórica e unha falta de respecto ás vítimas do franquismo que se homenaxee a un militar golpista e genocida".

RESPECTO Á TOPONIMIA OFICIAL

Finalmente, na carta xunto ao agasallo, Luís Bará lembra a Rajoy a lei de normalización lingüística para solicitarlle que respecte os topónimos de Galicia, que, como recolle o artigo 10 desta lei, terán como única forma oficial a galega.

"Permítome lembrarlle o deber que nos obriga a todos a cumprir a lei e, ao mesmo tempo, a importancia de dar exemplo desde as institucións públicas", espétalle, após reprochar o costume do presidente español de utilizar "formas deturpadas e castellanizadas", por exemplo 'Sangenjo' por Sanxenxo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 Efixio

...o seu avó foi fundador do Partido Galeguista...que vergonha de paisano temos aquí. E Feijoo xa non digamos. Só os votan os ignorantes e os que lhes deben algún favor, grande ou pequeno. E son moi moitos. Pero bueno, tamén ganhan eleccións por maioría grazas ao BNG máis a Marea. Co PSOE non sei. Os do PSOE hoxe por hoxe son os "polis bos" das pelis. Son bos,non pegan, pero son polis.

2 Cipollina en Tabernia

Pois iso, que nunca está de máis lembrar a don Enrique que foi un dos bos e xenerosos, ademais dun home lúcido... Pode que tal e coma indica Anasagasti haxa partes que nos resulten anacrónicas, pero hai un tranfondo que evidencia unha grande intelixencia política. Inda que un dos personaxes que me é máis próximo da familia e que me resulta de enorme interese, coma lletraferit que son, é María Brey: http://www.elmundo.es/elmundo/2011/...

3 Cipollina en Tabernia

Creo que esa é a España que eu sempre soñei: a de María Brey. Mágoa que sexa tan pouco lembrada esta galega que tanto fixo pola cultura española! Aprendamos do seu traballo e da súa dignidade porque ela cría no valor de erguerse, traballar e afrontar as dificultades. Unha gran muller, unha gran galega que merecería unha homenaxe e un recoñecemento que non tivo ata agora.

4 Cipollina en Tabernia

Estou pensanso que debería haber un premio que levase o nome de María Brey para aquelas iniciativas máis emprendedoras nas bibliotecas e na difusión do libro. Sei que aro no mar, pero por propoñelo non perdo nada. En verdade, aqueles homes e mulleres imaxinaron outra realidade e loitaron por ela. Ela cría no acceso á cultura e aos libros de todos. Non é hora de que se lembre? Non vai haber en Galicia, unha institución que asuma lembrar a esta muller que tanto o merece?

2 Un de paso

Chapó polo Sr. Bará. O Sr. Rajoy, moi lonxe de estar á altura do seu cargo.

1 anonimo

Concordo en todo con vostede

1 Anti...

Non é ben hai que descuparlle ises erros pois il en si mesmo é unha anomalia.