"Rosalía está máis viva que nunca"

Asegura entre risas que “o turisteo español” prefire Rosalía, unha figura máis atractiva, antes que Cela. O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira (Dodro, 1961), reclama nesta entrevista unha política global, a longo prazo, para recuperar o "uso normal" do galego. E pide unha fórmula económica para blindar o futuro dunha Fundación con tanta proxección internacional, que sirva para continuar cos estudos arredor de Rosalía.

Por Xerardo Porto | Padrón | 07/01/2018 | Actualizada ás 22:30

Comparte esta noticia

-Como sería Rosalía de vivir neste século XXI de redes sociais?
-Creo que sería o que foi no século XIX. O século XIX foi un século de revolucións, e Rosalía é filla desas revolucións. E a principal, no seu caso, é o asalto da muller a un papel protagonista na vida, na sociedade, na literatura. Rosalía participaría hoxe de todos eses movementos, de todas as cores coas que se vestiu: a cor vermella da loita social e política; a cor lila do feminismo; a cor negra da depresión, da restauración borbónica, da emigración, da negra sombra; a Rosalía verde, ecoloxista, pioneira tamén nese sentido. Non sei como sería hoxe, pero seguro que sería tamén un referente para todos nós.

-Rosalía xa é unha icona popular, pero quedan cousas por facer sobre a súa figura?
-Moitísimas (risas). Rosalía é inesgotable nese sentido. A súa vida, poño por caso. Acaba de saír un primeiro tomo da biografía de Chus Lamas, e virá un segundo. Pero aínda así, a propia autora recoñéceo, que hai apartados, esferas biográficas de Rosalía, que aínda están por descubrir. Temos que seguir traballando e descubriranse novas cousas. E logo por supusto a súa obra, esa si que é absolutamente inesgotable.

-Queda material inédito aínda de Rosalía?
-Probablemente, eu neste momento non o coñezo.

-Esa novela en mans dunha familia compostelá da que sempre fala Alonso Montero?
-Igual ten máis datos ca min, pero non sei. Ese proxecto de Rosalía puido ser certo. Ao mellor descubrimos máis cousas. Seguen atopándose cousas dos séculos escuros, por que non de Rosalía de Castro? Pero non só en canto á descuberta de textos inéditos, senón en canto á investigación arredor da propia obra xeral de Rosalía, porque iso é inesgotábel, porque é unha escritora das grandes da historia da literatura universal. A mín fálame dunha maneira, faloulle a Filgueira Valverde, ou a Bouza Brey ou Carballo Calero doutra… E falaralle a outros que veñan doutro xeito.

-Semella que hai unha loita de egos por ser o maior especialista en Rosalía.
-Penso que esa loita ao mellor sempre a houbo. Pero hai moitos máis: os estudos de Marina Mayoral veñen de vello. Son numerosos os estudos, os de Paco Rodríguez, pero tamén moitas mulleres: Pilar García Negro, Chus Lamas, María do Cebreiro, Carmen Blanco… Pero non creo eu que ninguén traballe con Rosalía coa idea de apropiarse dela, aínda que é certo que os estudos de Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda contribuíron decisivamente para unha concepción nova da vida e da figura de Rosalía de Castro.

-Quedan fondos dispersos que deberían estar na Casa-Museo?
-Fixemos un esforzo extraordinario, e grazas á Deputación da Coruña, á Academia e a familias particulares, temos uns fondos moi relevantes referentes a Rosalía de Castro e a súa familia. Quedan pequenos detalles, pero o relevante xa está aquí: o cadro de Brocos, cadros de Ovidio da Deputación, do mobiliario de Rosalía, obxectos como a chisteira de Murguía da Academia, un cadro de Ovidio da familia Clavo Sotelo-Bustelo de Ribadeo, temos o piano da familia da Coral Follas Novas… Quedan pequenos detalles, pero o relevante pensamos que xa está aquí. Ese foi un dos obxectivos cando traballamos na modernización do discurso museoístico desta casa: que a casa se enchese de cousas que realemente tivesen que ver coa vida de Rosalía, os seus fillos, a súa obra, e non fose un simulacro de casa para Rosalía, como era antes en boa medida.

-Como está a saúde da Fundación Rosalía?
-Nestes momentos, eu creo que moi ben. Recuperámonos dunha época complicada, difícil, pero eu penso que na actualidade imos tirando para adiante.

Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.
Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro. | Fonte: Xurxo Lobato

-Que necesitaría para medrar máis?
-Creo que unha fundación que ten a proxección cultural que ten a Fundación Rosalía de Castro, tanto a nivel galego como a nivel internacional, merecería, penso eu, por parte das institucións, unha protección, un amparo económico. Tampouco é unha queixa, porque imos sobrevivindo e imos indo ben. Pero en xeral, de cara ao futuro, unha institución como é a Fundación Rosalía de Castro merecería este tipo de protección.

-E máis implicación da Xunta? Sentides agravio comparativo coa Fundación Cela?
-Non queremos compararnos con outros. A Fundación Cela ten unha realidade económica, administrativa, que non ten que ver coa nosa: os fondos que teñen, estar en mans da Xunta… nós somos unha fundación privada. E o turisteo español prefire vir aquí: Rosalía é unha figura máis atractiva que a de Cela. Pero sen chegar a estremos de compararnos con ninguén, tamén hai outras institucións de outros escritores galegos que están pasándoo peor que nós, esta institución necesita ese amparo. Ata o de agora non temos queixa realmente, porque tanto da Xunta, como do Concello de Padrón, como da Deputación da Coruña, recibimos sempre resposta ás nosas peticións. Pero dende un punto de vista máis sistemático, non para este ano, si habilitar algunha fórmula que permita que esta formación se goberne, progrese, sobreviva e manteña o seu papel fundamental cunha protección institucional.

-Por onde pasan os plans de futuro da Fundación?
-Agora mesmo, despois de reinaugurar a Casa, estamos traballando nos anexos, as oficinas, o arquivo e o auditorio, que son pezas fundamentais para que funcione esta Fundación. Poño por caso o Auditoiro, un lugar moi utilizado, merece un adecentamento porque está en condicións paupérrimas en certos aspectos. No horizonte futuro, estaría o Centro de Estudos Rosalianos, que nos parece fundamental para despregar novas actividades e buscar novos horizontes no traballo e na difusión arredor de Rosalía de Castro. E continuar por suposto coa revista Follas Novas, a piques de saír o número 2, para que sexa unha canle de expresión dos estudos que nunca paran, sempre se renovan, arredor de Rosalía de Castro.

-Galicia podería aproveitar máis a figura de Rosalía?
-Penso que está realmente á cabeza dos nosos emblemas literarios. É a nosa referencia, proba diso é que está máis viva que nunca. Está viva na rúa, na escola, na Academia, na Universidade. Está viva institucionalmente. Todo o mundo se acorda de Rosalía. Cada vez vai a máis a celebración do día de Rosalía. Ás veces, case teño o reparo contrario: non estaremos inundando de máis a cultura galega de Rosalía. Pero facía falta que Galicia pasase pola volta que está pasando arredor de Rosalía. Facía volta volver á Rosalía vanguardista, renovadora... Explotar ese perfil pioneiro de Rosalía non pode máis que enorgullecernos. Ven unha compañía escandinava para pórlle o seu nome a un avión. E preguntámoslle por que? E din porque foi unha pioneira, unha pioneira no mundo do feminismo e na recuperación dunha lingua abandonada e humillada. Cando nos din iso dende unha compañía de fóra… temos que estar orgullosos. E Galicia fai o mesmo. Rosalía vai asociado á renovación, ao vanguardista, á afouteza, a unha nova Galicia, a unha Galicia con esperanza e ilusión no seu futuro.

-A nivel persoal, compensa o traballo na Fundación malia non estar remunerado?
- Isto consome moitísimo tempo, pero ao ser profesor universitario, podo estar aquí na Fundación tamén moitas horas. Non teño máis que palabras de agradacemento para a Universidade de Vigo, que me permite conciliar o meu traballo co cargo na Fundación. É unha época da miña vida que eu lle dedico a isto, pero estou moi contento, porque o esforzo xeral da Fundación dá resultados. Cando ves os resultados, quedas satisfeito. Outra cousa sería que houbese frustracións, que non é o caso. Estou moi contento da implicación da xente, non só da Fundación, senón de amigos que veñen aquí botar unha man porque se trata de Rosalía, todo un emblema, absolutamente desinteresada.

-Como ve a saúde da lingua e a literatura galega? É preocupante a perda de falantes?
-A situación da literatura non ten nada que ver coa da lingua. A literatura está nun momento, en moitas facetas creativas, moi moi brillante. Pero o tema da lingua é máis complexo, e para min non tan positivo. A transmisión da lingua na infancia vemos que recua. Eu ben sei que hai elementos de esperanza en certos aspectos da vida institucional, pero a realidade do seu uso non dá pé a ser optimistas. Habería que facer un esforzo decisivo, un esforzo consensuado por todas as forzas políticas e sociais para recuperar o uso normal do noso idioma.

-Falta compromiso da Xunta?
- Si, eu penso que falta unha política global, a longo prazo, e unha política consensuada. Ese sería o camiño.

-Para cando esa biografía definitiva sobre Rosalía de Castro?
-Non teño tempo. De momento non podo. Nunca escribín unha biografía e é un xénero que me encantaría, pero eu neste momento non podo. Ademáis está aí a de Chus Lama, supoño que haberá que deixar que pouse para comezar a facer outra. Os meus proxectos como escritor están en facer esta novela pendente den de hai anos e agora vou publicar un libro sobre o rexurdimento, a concepción cultural do rexurdimento en Galicia, un ensaio. E o que teño que facer tamén e continuar co traballo da obra completa de Rosalía. Fixen a edición crítica de Cantares Gallegos, fixen a de Follas Novas e agora falta, xa empecei, con En las orillas del Sar.

-Ten data de remate como presidente da Fundación?
-Teño un mandato de oito anos, dentro de tres, alá por 2020, rematarei. Pódese renovar, pero eu creo que xa cumplín a miña entrega a esta causa. Creo que xa está ben e terá que vir xente nova que veña con ilusión e esforzo a continuar co traballo.

-No momento que accedeu semellaba unha faena pero debería ser un cargo apetecible.
-Claro que o é, debería ser aínda que non teña remuneración. É un cargo representativo que para calquera galego ou galega debería ser un orgullo, polo menos para min é. Estou moi contento. Teño moito traballo, pero tamén moita satisfacción.

O profesor e escritor Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía.
O profesor e escritor Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía. | Fonte: Xurxo Lobato
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

5 disti

A xustiza Pola man!

4 nostrus

Los beatos de Rosalia seguro que no saben que Rosalia escribia en gallego, tambien en castellano, pero no hablaba gallego, sino que era castellanohablante. Siento cortarle la digestión a los forofos nacionáticos que tienen una musa gallega cuya "lengua propia" fué el castellano.

1 Calabazas_al_melón

Hay gente que viven en la eterna tontería. Dos buenos ejemplos son los fanáticos españolistas que, no teniendo nada que decir del genio de Rosalía, intentan criticar el idioma con el que se tenía que expresar en Castilla, o su belleza...Es obvio que las fotos de un charlatán nato saliendo del agua en pelotas o las de dos bigotudas que no pueden vivir sin el espectáculo les ponen más. El otro ejemplo es el de algún mentirosuelo que decía que el Samaín era un invento porque la misma calabaza venía de América. No podeis ser más ridículos.

2 Amarelo ou fascio?

Sería moi interesante, ti Noztrus que tanto sabes, indiques a fonte exacta de onde te documentas, ou es un miserable falabarato? Mentres, se queres, reflexiona sobre o que levou a unha posible castelánfalante a defender o galego, pola contra, ti que mamaches o galego estás sempre ben disposto a atacalo, e presumes como renegado. Ben, igual che pagan polo cometido, para animar o debate no xornalciño sensacionalista. E mira que tempo máis precioso estás a perder, a túa familia de avoitres andan todos concentrados revolvendo na carroña do caso da rapaza asasinada entre a Proba e Rianxo, e ti aquí perdendo o tempo sobre as variantes no graznido dos rexionais no lugar de alimentarte dos despoxos.

3 Hartito

Nostrus a lo mejor te atragantas tu cuando sepas que escribio aquello tan bonito pobre galicia non debes chamarte nunca española que españa de ti se olvida cuando eres ai tan fermosa... a que jo de nostrus

4 nostrus

Amarelo ou fascio?. Trabúcaste moitisimo porque eu non odio ao galego nin renego del, pero tampouco lle rezo porque non lle rezo a nada. Sinto que che sentara mal enterarte de que Rosalia era castelanfalante, pero a realidade é moi tozuda e a suposta e sagrada lingua propia do nacionalismo resulta ao final non ser mais que unha das linguas de Galicia. Si non vos acomplexarades da realidade galega non teríades que soportar o mal trago para vos da realidade. Galicia é tal como é, coa sua realidade e diversidade, non é tan dificil de entender.

5 Nexus 6.5

Nostrus, sabes que admiro tu entrega a la causa. Ahora bien, no debes temer a ser transparente: los fascistas, tu y yo lo somos, debemos hablar alto y claro, tenemos la única razón verdadera y vemos la única realidad posible. Nuestros mitos son ciertos y probados (El Cid Campeador, Don Pelayo, Santiago Matamoros, El Caudillo) y no los fabulados de los separatistas y rojos, y como son inventados podemos y debemos denigrarlos, y cuando te piden datos concretos, hablamos de que adoran falsas religiones. Muy bien. Debes mejorar esta parte: Galicia como región no tiene lengua (son los españoles --sabido que no existe el pueblo gallego-- que viven en la región gallega o del noroeste español los que hablan), hay una lengua sacralizada, obligatoria y de primera (la de Castilla y sus posesiones) y dominadas para uso doméstico (los dialectos y modismos regionales, demoníacos y de mal gusto).

6 Nexus 6.5

Por tanto, compatriota Nostrus, hay odios buenos y sanos. No debes avergonzarte de ser un buen español, orgulloso de Nuestra superioridad racial y azote de los renegados enemigos de la única Patria Verdadera y Real, seguidor de Nuestro Caudillo y defensor de la lengua de Castilla en tierra conquistada. Adelante camarada Nostrus, los soldados de la Santa Cruzada no descansamos mientras existan infieles y separatistas que reniegan de la bondad del dominio castellano.

3 Mariano, o noso Trump

Non sei por que hai tan frecuentemente neste medio comentarios tan ofensivos que resultan ridículos. Que importará se era fea ou non?

2 Arturo

Rosalía non era, para nada, una persoa pouco agraciada físicamente. Mais ben ao contrario. Abonda ver fotos súas na casa de Padrón. Menos auto odio.

1 mmUx

Si conoces a alguien que padezca cacofobia, ponle una imagen de la Castro, incluso las que están retocadas, y luego me cuentas. Es entretenido negar lo evidente, pero la mentira tiene muy poco recorrido.

2 Machismo?

Vaia comentarios máis machistas, anda que non hai homes destacados en variadas materias feos coma cans aos que non se fai mención algunha sobre o físico senón que só se valora a obra (como debe ser). Pero Rosalía de Castro, dá igual que sexa boa ou mala escritora, o importante é que era fea, xa que a beleza é o principal mérito dunha muller... Estamos en 2018 xa, eh!

1 mmUx

Dime de qué presumes... Ningún poeta está más vivo que nunca porque la poesía está muerta. Y menos va a estar viva quien es el paradigma de la fealdad extrema, no solo para quien padezca cacofobia.

1 Muuuuuuu

Nada que ver con la belleza del macho Don Camilo, recordado censor franquista, y de sus negros. Y los añorados gases finos que soltaba, de los que tu tanto presumes de oler...

2 Hartito

Mmux debes ser tu muy guapo dime de que presumes....