Temas: CIUDADANOS

C's Galicia ataca os nacionalismos e asegura que fomentará o bilingüismo

A portavoz de Cs en Galicia cre que "irromperán con forza" en Galicia e asegura que o propio Feijóo está "moi próximo" ao discurso de C'S. Asegura que non ten problemas en pactar co PPdeG ou co PSOE .

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/01/2018 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

A portavoz de Ciudadanos en Galicia, Olga Louzao, deixou claro que a súa formación defenderá o bilingüismo en Galicia porque hai dous idiomas e a xente debe falar aquela na que "está máis a gusto". Ademais, criticou aos nacionalismo e dixo que loitarán contra a "supremacía" que queren impor os partidos nacionalistas.

Olga Louzao, voceira autonómica de Ciudadanos en Galicia
Olga Louzao, voceira autonómica de Ciudadanos en Galicia | Fonte: xornaldelugo.com

Nunha entrevista en Radio Nacional recollida por Europa Press, Olga Louzao avogou polo bilingüismo, defendendo que "Galicia ten o orgullo de poder ter dúas linguas cooficiais" e que os representantes de Cidadáns utilizarán "indistintamente", defendendo o uso "na que sintas máis a gusto" e rexeitando que "o idioma sirva como arma política".

Neste sentido, e en alusión ao nacionalismo, aseverou que C's, como "quedou claro en Cataluña", non está de acordo "coa supremacía que queren impor os partidos nacionalistas". "Sentímonos moi galegos, moi europeos e moi españois e queremos seguir defendendo iso", engadiu, "estamos na situación na que estamos porque se lles deron demasiados privilexios a demasiadas forzas políticas, pero iso non implica que non nos sintamos igual de cataláns ou galegos".

FEIJÓO "MOI PRÓXIMO" A CIUDADANOS

Ademais, mostrouse confiada en que a formación "vai irromper con forza en Galicia", a pesar de ver a Alberto Núñez Feijóo, o actual presidente da Xunta de Galicia, como "moi bo candidato" e cun "discurso moi próximo aos postulados e as ideas" da formación 'laranxa'.

Reparto de propaganda electoral de Ciudadanos
Reparto de propaganda electoral de Ciudadanos | Fonte: elconfidencialautonomico.com

Así, interpreta que os recentes resultados de Ciudadanos en Cataluña marcan "un antes e un despois" e unha "nova etapa" na política en España, aínda que admitiu que en Galicia a súa formación tivo "moi pouco tempo para asentar un proxecto político". A pesar de que os resultados das últimas eleccións autonómicas, nos que C'S non obtivo representación en Galicia, "non foron moi favorables", sostén que "vai irromper en Galicia con forza, cun discurso que os galegos van ver como algo novo, como un aire fresco".

Neste sentido, mostrouse convencida de que "os galegos tamén queren caras novas, xente nova, ver que outros partidos políticos tamén poden achegar". "Non temos ningún problema en recoñecer que Feijóo o fixo ben, pero tamén fai cousas que non podemos compartir".

A tamén portavoz do partido 'laranxa' no Concello de Lugo, Olga Louzao está á fronte de Ciudadanos desde o pasado Comité celebrado en xullo, cunha presenza política que asegurou encarar como unha "nova etapa" na que confía en pechar os enfrontamentos internos pasados e que atribuíu á fase de formación na que se atopaba Cidadáns en Galicia.

ABERTA A PACTOS CON PP E PSOE

Louzao móstrase aberta en Galicia a acordos políticos, lembrando que a nivel nacional chegouse a un pacto posible con PSOE e a un acordo co PP, e avoga por alcanzar "puntos de encontro e reformas imprescindibles".

No entanto, enmarca os acordos en que se trate dun "goberno limpo no que se poida achegar para romper coa imaxe que levou á desconfianza na política dos cidadáns", algo contraposto coa situación que xurdía a nivel nacional, engadiu, "cun goberno azoutado pola corrupción e coas ideas non moi claras".

En todo caso, puxo en valor o crecemento de Cidadáns en Galicia, con 30 agrupacións na actualidade e cunha maior experiencia política que sostén que tamén se reflectiu a nivel nacional e lonxe da cualificación de "moda" que a formación recibiu.

Temas: CIUDADANOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

5 Eu mesmo

Xa iban de sobrados nas últimas elecións coa súa mediática candidata. E vaia trompada que levaron. A diferenza de Cataluña, polo de agora os medios oficiais do réxime pepeiro, a TVG e a Voz, non están con eles. Tampouco teñen candidatos coñecidos e recoñecibles. En fin...

4 Dilo7

Ciudadanos tiene un gran futuro en Galicia. Al tiempo

1 Aqui nada

Non pintan nada aquí, nin a súa ideoloxía nazionalista española ten cabida na Galiza nin teñen ningún tipo de idea ou proxecto para o noso país. O único que poden oferecer é populismo identitario e penso que aquí non vai callar como en Cataluña, pois non boten botar man das mentiras sobre adoctinamento e dividir a sociedade como fixeron alá. Se rascan algún escano será por pura inercia das tendencias na España, non porque alguén poida pensar realmente que son unha boa opción para Galiza...

2 Dilo7

Los nacionalistas catalanes decían lo mismo que tú hace unos años, y hoy han conseguido que Ciudadanos sea la primera fuerza política de Cataluña. Por tanto, no está nada mal tu pronóstico. Sin embargo, lo cierto es que con un Partido Popular corrupto, agotado y lleno de caspa con personajes como la Familia Baltar, hay una gran oportunidad aquí para Ciudadanos, como Núñez Feijóo bien ha detectado.

3 Hartito

Pues con un partido que dice que pactara con el pp y el psoe dos partidis cob cirrupcion en sus filas dice bastante del partido le umporta una mi er da la corrupcion mientras tengan el sillon

4 É diferente

A situación non ten nada que ver. Cs é un partido catalán anticatalanista que naceu e medrou a base de atacar o nacionalismo catalán que levaba gobernando décadas. Aquí non existe un nacionalismo galego forte e non poden facer a súa demagoxia estrela do adoutrinamento, pois aquí sempre gobernou o PP con pequenas excepcións. Sei que españolistas coma ti devecen por ver un partido antigaleguista no poder, pero a situación é ben distinta da de Catalunya. Xa vimos o éxito das últimas autonómicas, cando xa era un partido consolidado en España... Votos por pura inercia do Estado e pouco mais. Entratían no noso Parlamento agora? Seguramente, pero ouoito muda a situación ou non creo que pase de 3/4 escanos.

5 Pondaliao

Tanto futuro como o que acabo de comer eu...Esta tarde ou mañá cágoo!

3 clausewitz

¿El partido se va a fundar entorno a los segundones que no quisieron en el PP o con el facherío de Gloria Lago -valga la redundancia-?

2 Hostrus

Nacionalistas españois atacando a "los nacionalismos". Estupendo.

1 Nini

Qué facilito. Mensaje dirigido a gente del nivel de Lidia Senra o Diego Cañamero. Nada tiene que ver el nacionalismo español, que si existe es integrador. El nacionalismo por antonomasia es el odio al diferente y es la guerra, por mucho que se quiera que olvidemos Yugoeslavia.

2 Ouveos españolistas

Nacionalismo español integrador???? Racismo e repugnante negocio escravista até o século XX. Expulsados xudeos e musulmáns. Confiscación de bens, expolio e torturas. Queimas de herexes e non católicos. Masacres con millóns de víctimas: América, Filipinas, Norte de África, Flandes, Nápoles, Barcelona, Guernica... Guerra contra as colonias que non se someten. Xenofobia aquí e agora contra a periferia, boicot da língua (xa desde Eurovisión con Serrat), dos produtos e fomento da fuga de capitais, contra o catalán: "a por ellos!", inventando ridiculeces que vos delatan (pedindo dereitos para Tabernaria, os mesmos dereitos que nunca recoñecestes os españolistas aos cataláns, e que eles si vos conceden, para deixarvos en evidencia como fundamentalistas antidemocratas). Menos mal que sodes integradores...

3 Nini

Ti non terás frebe? Eu falo de 2017. Se queres tamén lembramos cando Castelao botaba pestes contra os negros ou chamaba pederasta a Suárez Picallo por ser homosesual

4 Jajajajajajajajajajaja

JAJAJAJAJAJA. O nacionalismo español integrador!!! O chiste máis bo no que vai de ano. O único nacionalismo que existe é o herdado do franquismo: racista, supremacista e fascista. Representado moderadamente polo PP (para que non se note que é un partido de orixe franquista) e agora por Ciudadanos. O PSOE e (algo) Podemos intentaron facer un discurso nacionalista diferente, (lémbrese a Sanchez coa bandeira xigante e a Pablo dicindo que se considera un 'patriota') integrador coas distintas culturas e linguas, e que non teña como grandes fitos nacionais masacrar indios o unha batalla contra nonseiquen nonseionde, e foron chamados antiespañois por iso. Non me fagas rir... O nacionalismo español é rancio e ditatorial, e por agora non hai alternativa.

5 Nini

Tendo en conta que pa ti to Dios é fascista salvo ti e mais o teu can, todo o demais é unha chorrada i gual

6 Antinostrus

Non te preocupes...este Nini é o Fillo avantaxado do cipaiomoneuronalmercenarioespañoleiro do Nostrus....posibelemente fillo bravio da Filla da Porca da súa Nai que a tivo co Sarxento Chusqueiroladilleiro do Exército Español que pasaba por ali...fíxa-te se será oligofrénico que se autointitula, todo orgulloso, como Ni Ni....

1 Adiante

Xa irromperon con forza ao sacar 1 deputado e desapareceron aos poucos meses. O do bilingüismo sería un avance: o 50% da Voz en galego, que a metade dos médicos e enfermeiros atendan en galego, ter o 50% dos cines en galego. A ver se vai para adiante

1 nostrus

Si seguiramos co teu argumento deberia haber o mesmo numero de revistas adicadas ao publico homosexual que heterosexual, deberia haber tantos aficionados ao futbol como a misa, deberia haber tantos aficionados do Depor como do Celta, pero non se trata de igualar linguas, sinon que se trata de igualar direitos das personas. Que todos teñamos direito a recibir informacion nunha lingua oficial que comprendamos, que todos podamos ter direitos expresándonos na lingua oficial que desexemos, ctr. C´s supon un soplo de frescura entre tanto ambiente enrarecido polo nacionalismo.

2 Xan do Can

Nostrus, canta razón terías se foses sincero... Igualdade para os faltantes, verdade? Comezamos logo por retirar a obriga do castelán sobre o galego optativo, para todos ou para ningún! Igualdade de verdade! Mira que ben nos entendemos! Estou agardando que ti e os teus Ciudadanos pola igualdade defendades a retirada da obriga legal e constitucional sobre o castelán, cando comezades a defendelo? Non será que para vós a igualdade significa que o castelán tela máis dereitos? Curioso, defendes a igualdade estando por riba? E aínda dos que non es ultranacionalista español fanatizados contra o galego? Por favor, ninguén te obriga a ter unha relixión ou ser adepto dun equipo, xusto o contrario do que acontece co castelán... Logo, argumenta mellor ou cheiras que fedes a ultranacionalista español! Ti mesmo te delatas!

3 nostrus

Xan do Can. Dime a quien se avasalla considerando el castellano de obligada comprension si en la realidad todos lo comprendemos. En cambio si existen españoles que no comprenden el gallego y obligarlos a que lo comprendan solo es una obligacion innecesaria (exceptuando los funcionarios que han de atender a los ciudadanos gallegos). Cierto que nadie te obliga a tener una religion, pero si te obligan a conducir por la derecha. La obligatorieda de comprender el español obedece a su realidad lingüistica social y no a una mania identitaria y si la lengua comun española fuera el gallego, entoces seria este el obligatorio y el castellano estaria restringido, a lo mejor, a Valladolid, pero la realidad es la que es y no la que os gustaria que fuera a vosotros que considerais al gallego como un precepto a cumplir por ser gallego igual que no comer carne un viernes por ser catolico, porque para vosotros el gallego es un acto de fé en vez de ser un acto de libertad.

4 Xan do Can

Moi fácil Nostrus fanatizado: hai idiomas obrigatorios por lei noutros estados? Infórmate e logo opina! A quen lle tedes medo para discriminar, a liberdade de escolla? Son libre cando estou obrigado a estudar nunha língua imposta? A igualdade para ti é que unha língua, cultura ou raza domine? Curioso xeito de entender a igualdade? Por certo, dime de onde sacacas o termo "realidad lingüística social", da universidade tabernaria? Fixeches unha tese sobre o tema, estará publicada en inglés, supoño... Nótase tanto o teu odio ao galego, o teu trauma familiar debeu ser forte e mal levado. Que vergoña para os teus pais, que sintas tanta xenreira contra as túas orixes na lama...

5 nostrus

Xan do Can. Eu non teño odio ao galego porque si llo tuvera admitiriao do mesmo xeito que vos admitides odiar a vosa nacion e sexades unhos renegados sin cairvos a faciana de vergonza. A ninguén se lle prohibe falar en galego, pero vos queredes que o fale mais xente da que desexa tan só por unha manía, ¿Gustaríache a ti que te obrigaran a ser homosexual para fomentar a homosexualidade?, supoño que non che gustaria que te obrigaran a ir a misa para que non desapareza a relixion, nin que te obrigaran a afiliarte ao PP para que este non desaparecera, nin que te obriguen a ser vegano. Explícame porque queres que use o galego mais xente da que o desexe.

6 Xan do Can

Podía ser pola mesma razón que ti lle impós o uso do castelán a quen non desexa usalo. Podería ser, verdade? Ou ti estás por riba de min? Acontece que partes dunha falsidade: ninguén está obrigado a falar galego. Logo aplícate o conto: non obrigues ti. Non vaia ser que te queixes sen razón, canto ti es dos que obrigan, agreden, usan a forza para impoñer e desprezarnos por non pensar coma ti. Xa atopaches a obrigatoriedade noutros estados? Por que os nacionalistas españois tedes medo á liberdade, a que libremente escollamos? Por que usas a forza, a lei, para impoñer? Será que no fondo tedes medo á liberdade de escolla sen o amparo do DEBER e da OBRIGA?

7 Antinostrus

Xan do Can... non discuta con ese Pailán: o Nostrus está a soldo do Ministerio do Interior e vosté tén de gañar-se a vida co suor da súa fronte.....en todas as Sociedades existiron Cipaios e Vendidos a maior parte das veces acomplexados por descoñecedores da identidade do seu proxenitor masculino......son o mais rastreiro e prescindibel das mesmas e en calqueira momento son quen de traizoar aos seus por vinte e nove miserabeis denarios de chumbo........só merecen Fumigación!!.

8 Hartito

Nostrus yo quiero ser atendido en gallego en madrid lis drechos son de las personas donde estan los mios