Temas: REPSOL A CORUñA

A refinería de Repsol paralízase parcialmente tras causar unha gran columna de fume

A compañía nega que se trate dun accidente e alega que foi un"fallo eléctrico" e que todo entra dentro da "normalidade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/01/2018 | Actualizada ás 14:48

Comparte esta noticia

Un fallo eléctrico rexistrado na refinaría de Repsol en Arteixo, por causas aínda "descoñecidas", provocou unha parada imprevista nalgunhas unidades da planta e causou unha columna de lume e fume visible desde diferentes puntos da cidade.

Columna de fume na Coruña por fallo eléctrico en Repsol
Columna de fume na Coruña por fallo eléctrico en Repsol | Fonte: Europa Press

Segundo informou Repsol, sobre as 13,30 horas produciuse na planta un fallo eléctrico de causas descoñecidas, que causou o que se coñece como 'episodio de facho', isto é, un aumento do tamaño do lume e o fume do facho de Nostián.

A pesar das súas dimensións, engadiu, este feito está "dentro dos parámetros de funcionamento" da planta, polo que "non supón ningún risco nin para os empregados, nin para a contorna máis próxima". Tras ter coñecemento deste fallo, a refinaría contactou coas autoridades e as asociacións veciñais para informarlles do sucedido e tranquilizalos.

Os fachos, aclarou Repsol, "forman parte dos mecanismos de seguridade do Complexo Industrial" e actívanse en momentos puntuais, como poden ser as paradas das unidades produtivas, como neste caso, ou ao comezo dos procesos de posta en marcha dalgunha destas unidades. "O facho é un sinal inequívoco de que os mecanismos de seguridade funcionaron correctamente", destacou.

Temas: REPSOL A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta