La Voz estrea formato gracias á imprenta copagada pola Xunta

O diario anuncia máis opinión nun formato que encolle para aforrar papel. Datos de difusión no interior.

Por Galicia Confidencial | Sabón | 16/01/2011 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

La Voz de Galicia estreou este domingo novo deseño nun formato 9% máis pequeno. O avance dáse gracias á nova rotativa Manroland.

None

O diario herculino mercouna en boa medida gracias a unha importante subvención a fondo perdido da Xunta, concedida tras a vitoria electoral do PPdeG. A subvención foi a máis importante na súa categoría concedida polo IGAPE o ano pasado.

O IGAPE pagou ao grupo do editor Santiago Rey 2,2 millóns para “ampliar as súas instalacións e incorporar nova maquinaria de impresión, elementos de transporte interno e equipamentos informáticos”. Esta cantidade significa máis do 9,9% dos 22 ,15 millóns que, segundo a Xunta, eran o investimento subvencionábel.

Cando o diario anunciara a compra da rotativa “máis avanzada de España” falara dun investimento de 25 millóns de euros polo modelo Colorman 9.

Hoxe o xornal máis vendido en Galicia presume de dispor xa de "la planta de impresión más avanzada de España".

La Voz vaina utilizar para "un cambio suave a la imagen de las páginas con el rediseño integral de todos sus elementos". O cambio inclúe unha nova tipografía, encargada a medida. Ademais, La Voz anuncia "más opinión" e análise, tendencia que están a aplicar todos os xornais impresos ao non poder competir coa inmediatez da prensa dixital.

Audiencia

La Voz, que se atopa en proceso de negociación do novo convenio cos seus traballadores, perdeu o 2,01% de lectores nun ano segundo o EGM.

Trátase dunha tendencia común a todos os xornais impresos, con difusións estancadas ou en retroceso malia as constantes promocións. Segundo o OJD, a difusión diaria de La Voz é duns 98.000 exemplares. En 2008 eran case 103.000 exemplares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 43 comentarios

22 Manuel Guisande

Y el problema de esta envidia... ¿es curable?

21 madison

Me temo que la voz tiene mucho que aprender de la maestria manipuladora de GC.

20 libelo

El que este libre de ayudas publicas, que tire la primera piedra

19 CAJANAMACHADA

BOICOT A COZ DE GALICIA. NUNCA MAIS CABRONS!

1 libelo

Los que mas pedis el boicot son los que mas la leeis.os pone cachondos

18 arreitar

Un formato novo que recorda ó do Xornal. Ata niso copian os da voz.