Ferrol suplica a Amancio Ortega que non peche o único Zara da cidade

O alcalde solicita unha entrevista co magnate para trasladarlle a inquietude de veciños, comerciantes e hostaleiros ante a inminente clausura do establecemento na praza de Armas. Á par está en marcha unha campaña en Internet para evitar este peche.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 03/02/2018 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (Ferrol en Común), solicitou unha entrevista ao fundador do grupo Inditex, Amancio Ortega, para darlle "traslado da inquietude de veciños, comerciantes e hostaleiros" ante as "negativas consecuencias" e o "impacto a curto e medio prazo" que sosteñen que tería o peche previsto da única tenda de Zara situada na cidade, na rúa Real.

Zara en Ferrol.
Zara en Ferrol.

A través dunha carta, co encabezamento "estimado Amancio", o alcalde ferrolán dálle traslado da "inquietude" recollida en diferentes escritos que as entidades veciñais, sociais, empresariais, do pequeno comercio e da hostalaría local, fixeron chegar ao Concello pedindo "a intermediación institucional" ante o peche "inminente" do establecemento de Zara, situado en varias plantas dun edificio da praza de Armas, en pleno centro histórico.

No escrito, Jorge Suárez manifesta que "o peche inminente das tendas e a desaparición da marca Zara de Ferrol sería un durísimo golpe" e unha "perda irremediable" para a cidade, nun momento no que o "tecido comercial e a pequena e mediana empresa están a realizar un grandísimo esforzo, co seu propio esforzo, por contribuír a que Ferrol vaia adiante a pesar das moitas dificultades".

O alcalde fai referencia á información difundida "polos medios de comunicación" ante o peche "inminente" previsto de Zara en Ferrol "por un cambio de política comercial". A firma mantería a tenda situada no centro comercial Odeón, no municipio veciño de Narón.

Así, Jorge Suárez lembra a "aposta" que o grupo téxtil fixo hai case 30 anos ao situar en Ferrol unha das primeiras tendas de Zara, converténdoa en "toda unha referencia fundamental para varias xeracións de ferroláns", "achegando a moda a todos os veciños" e como "reclamo comercial fundamental no centro histórico" da Madalena.

Nesta liña, afirma ser coñecedor do "interese do grupo por recuperar o patrimonio histórico emblemático das cidades", nas que conta con tendas 'Flagships', e que valora como "exemplo de integración da filosofía da súa empresa coa rexeneración urbana e arquitectónica das tendas polas que aposta".

Neste contexto, lembra que o barrio da Magdalena está declarado Ben de Interese Cultural, con numerosas "edificacións emblemáticas" do arquitecto modernista Rodolfo Ucha, como a que albergou no seu momento Zara Home.

Jorge Suárez engade no escrito que ademais das peticións recibidas no Concello a través da Mesa Local de Comercio, debido á "transcendencia negativa" do peche previsto de Zara, a cidadanía tamén se está implicando, recollendo firmas para apoiar a permanencia da firma.

Como conclusión, "como representante do pobo de Ferrol e alcalde" da cidade, solicítalle unha entrevista, para darlle traslado da petición "coa confianza" de que aínda se está "a tempo de que se reconsidere esta decisión tan negativa para Ferrol e poder seguir contando coa presenza da marca Zara no barrio da Magdalena como motor fundamental na dinamización do centro da cidade", algo que, engade, "xunto co gran esforzo da pequena e mediana empresa", contribúa a "apostar por Ferrol como cidade" que "agora que empeza a recuperar o pulso", "non pode sufrir outra perda irremediable".

Paralelamente, está en marcha unha campaña na plataforma en liña Change.org para evitar o peche desta tenda. A iniciativa levaba acadadas até este sábado pola tardiña 3.238 sinaturas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

3 podredume mareante hierrol

cuatro mil parados mais na Galiza, desesperación e miseria do gobernó da PPopulista, e a marea do podreiros SUPLICANDO!!!! aquí esta a revolución do podreiro e do seu dirixente, dirixente oculto xa, non me fod*** xa que o xuiz das villanías non pinta nada de nada, pero o señorito de reborainas sigue e sigue, e o que esta o mando, non se engaNen, non se deixen engaiolar polo enfeitizamento, non caian na patraña da mareante, anda engaNando, anda pululando como o coleóptero oscuro tenebris, indo a ciudades cabeceiras de provincia onde xunta a once persoas anovadas señores!!!! AMANCIO SI EN VEZ DE SER EXPAÑOL FOSES GALEGO SACARIAS CON TANTOS MILLONS DE EUROS E DOLARES O PAIS GALEGO DA RUINA!!!! pero eu non suplico eu asevero.

2 podredume mareante hierrol

cuatro mil parados mais na Galiza, desesperación e miseria do gobernó da PPopulista, e a marea do podreiros SUPLICANDO!!!! aquí esta a revolución do podreiro e do seu dirixente, dirixente oculto xa, non me fod*** xa que o xuiz das villanías non pinta nada de nada, pero o señorito de reborainas sigue e sigue, e o que esta o mando, non se engaNen, non se deixen engaiolar polo enfeitizamento, non caian na patraña da mareante, anda engaNando, anda pululando como o coleóptero oscuro tenebris, indo a ciudades cabeceiras de provincia onde xunta a once persoas anovadas señores!!!! AMANCIO SI EN VEZ DE SER EXPAÑOL FOSES GALEGO SACARIAS CON TANTOS MILLONS DE EUROS E DOLARES O PAIS GALEGO DA RUINA!!!! pero eu non suplico eu asevero.

1 Melón

Igual se as 3238 persoas asinantes en change.org non compraran no Zara de odeón, non pecharía o de Ferrol.