Fala Fernando Blanco, autor da escultura: “O xeito de actuar do Parlamento é fascista”

Declaracións exclusivas do creador da obra pola que o Parlamento de Galicia pagou 60.000 euros en 2006 e que a propia Cámara acabou botando ao lixo este verán.

Por Walter Burns | Santiago | 17/01/2011 | Actualizada ás 20:26

Comparte esta noticia

Fernando Blanco Guerra, arquitecto e escultor, non dá crédito. O teléfono non para de soar  dende que un lector de GC Aberto desvelou que a súa escultura, pola que o Parlamento pagou 60.000 euros en 2006,  está tirada nunhas silvas.

En declaracións exclusivas a GC, o artista asegura que “a maneira de actuar é fascista, calquera acción dese tipo fálase antes”. Refírese a decisión da Presidencia do Parlamento (controlada polo PP) de mandar á ferralla a súa obra, encargada polo 25º aniversario da Cámara tamén pola Presidencia, daquela nas mans do PSOE.

Había unha oferta para mantela en óptimo estado

Blanco desmente que a estrutura estivera “podre”, a principal escusa da versión da Cámara para tirala a un vertedoiro no Milladoiro. “Tiña puntos oxidados pero eran de doada restauración, mesmo houbo unha oferta do construtor da peza para o seu mantemento, a cal non responderon”.

O arquitecto tamén garante que a estatúa non supoña perigo algún pois “a estabilidade do bicho está probada, até lle sobraba estrutura interior”. Ademais, desmente o carácter efémero, só por un ano, do que fala o Parlamento, como proba o feito de que perdurase de 2006 até este agosto.  “A celebración era dun ano, pero non se especificou a duración da peza, que se consolidou no espazo urbano e por iso mantívose”, argumenta. O certo é que na Rede poden atoparse numerosas fotos de turistas que se interesaron por ela cando chegaron a Compostela.

“Inquietaba ideolóxicamente” ao Goberno do PP

Daquela, porque cre que Pilar Rojo decidiu desfacerse da súa creación? Blanco entende que a estatúa “era un xesto político incorrecto para o Goberno actual, procedente do Goberno anterior, malia que a súa instalación foi consensuada, inquietaba ideolóxicamente”.

O arquitecto describe a estatua, que atravesaba a alto e puntiaguda valla do Pazo do Hórreo,  como “un intento de acercamento” entre os políticos e os cidadáns aos que representan.  “É unha estructura conceptual, atravesando o muro de ferro do Parlamento, o soño era que derribara o muro”.

O autor propuxo trasladala cara dentro

Blanco asegura que “a presidenta andaba moi empeñada en sacala de alí”. Mesmo di que Pilar Rojo tiña “obsesión por sacar aquelo”.

O arquitecto explica que recibiu unha soa chamada da secretaria de Pilar Rojo ao comezo da lexislatura, en 2009, advertíndolle que “se non era legal, que se invadía a beirarúa, que se caía, a min parecíame argumentos válidos; pois restaurase e métese para dentro do Parlamento noutro sitio, sen embargo 'chao', nunca máis souben dela até que o vin no GC”.

Hoxe no telexornal de Telecinco

Este luns, despois de que El País se fixera eco das fotos publicadas en GC, varios medios falaron co escultor. Mesmo Telecinco emitirá unha peza no telexornal da noite. As cámaras  da televisión tentaron filmar a peza tirada no descampado da empresa Fojarsa pero, segundo un lector de GC, a compañía prohibiu o acceso aos medios. Con todo, varios cámaras volveron a tomar imaxes. A noticia de Telecinco aquí.

None

None
None
None
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

1 Daniel La Coruña

El señor blanco es un extravangante y su creación, la verdad, poco inspirada. Me parece muy bien que el PP haya aplicado la lógica y el raciocionio y enviado ese "tubo" a la basura. Quien debía dar explicaciones es el PSOE, porque le encargo a este desconocido a dedo una obra por 60.000 euros? Donde está el concurso público? Que papel jugó el BNG en todo esto (porque seguro algo tramaron? GC, queremos toda la verdar, y no solo la que os interesa.

1 La Curuñesa

Señorita Pepis, infórmenos deprisa y como nos interesa. Los inocentes que demuestren porque lo son y los culpaples, de los culpables ya nos ocupamos nosotros. Fdo. La Curuñesa