As enfermeiras viguesas terán vacacións cando o Sergas queira

O xerente da Área Sanitaria de Vigo, Félix Rubial, volve estar no centro da polémica. O SATSE di que a xerencia da área sanitaria impuxo "de xeito unilateral" as libranzas e anuncia que impugnará esta decisión.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 12/02/2018 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

A Xerencia da área sanitaria de Vigo impuxo "de xeito unilateral" as libranzas do sector de enfermería. Así o denunciou o Sindicato de Enfermaría, SATSE, que estuda xa posibilidade de impugnar as instrucións de vacacións permisos e licenzas de 2018. E no centro desta polémica está Félix Rubial, que xa fora investigado pola xustiza polas mortes relacionadas pola Hepatite C.

Nun comunicado, este sindicato amosa a súa "indignación e o alto grao de malestar existente entre os profesionais polo novo documento imposto pola xerencia" e asinado polo doutor Félix Rubial "facendo caso omiso aos representantes dos traballadores que presentamos 16 alegacións ao devandito documento".

O Sergas alegou "falta de persoal nas listas de contratación" para "impoñer" as quendas de vacacións. Un argumento que rexeita o SATSE que advirte que hai centos de enfermeiros nestas listas, que están a esperar que a responsable da área Sanitaria de Vigo empece a xestionar os seus contratos "de maneira efectiva, con programación suficiente nos chamamentos e pensando na calidade asistencial, e non precarizando aínda máis a man de obra profesional".

Por este motivo, o Sindicato de Enfermaría impugnará o decreto tanto "pola súa forma de elaboración, como por limitar os dereitos dos enfermeiros a poder elixir libremente as súas vacacións, días de libre disposición, días adicionais, permisos sen soldo ou formación en determinados períodos, dereitos algúns destes recolleitos no Estatuto Marco do persoal estatutario".

Edificio do Sergas
Edificio do Sergas | Fonte: xunta.gal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta