Comparte esta noticia

O Concello de Santiago mantén unha "relación fluída" co Arcebispado e o deán da Catedral a pesar da polémica aberta após o pregón do Entroido. Así o indicou este venres o alcalde compostelán, Martiño Noriega, que cre que a polémica forma parte dunha "campaña interesada" e avanzou que nos próximos días trasladará ás forzas da orde as ameazas (algunhas delas "de morte") recibidas a través das redes sociais contra a súa persoa e a súa contorna familiar.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega

"Hoxe chamei ao delegado do Goberno pero non puiden falar con el. Seguramente a semana que vén poña en coñecemento dos corpos de seguridade todo o material recollido nas últimas horas", indicou Noriega, que o pasado xoves publicou nas súas redes sociais unha captura de pantalla con varias ameazas graves recibidas nas últimas horas por mor da repercusión que tivo o pregón pronunciado o pasado sábado polo dramaturgo e cómico Carlos Santiago.

Así, indicou que non se poden pasar por alto "este tipo de cuestións" que penatran no "terreo persoal" e nas que chegan a producirse "ameazas de morte", mesmo, á súa contorna familiar. "Non darlle importancia é darlle centralidade na sociedade a quen non a ten", apostilou.

No entanto, lembrou que xa en 2015 sufriu un episodio similar cando un veciño de Santiago vinculado a partidos de extrema dereita foi detido por ameazalo e perseguilo. A Fiscalía reclama dous anos de cárcere para este home. O xuízo estaba previsto que se celebrase "este mes de febreiro" pero que foi posposto a final de ano, segundo confirmou Noriega.

Así as cousas, descartou tomar medidas para garantir a súa seguridade e a da súa contorna porque, di, non está disposto "a renunciar" ao seu "espazo de liberdade porque outras persoas queren que renuncie". "Non o fixen en 2015 a pesar de que se me recomendou e non o vou a facer agora", engadiu.

Ameazas en Twitter a Martiño Noriega.
Ameazas en Twitter a Martiño Noriega.

"RELACIÓNS CORDIAIS" COA IGREXA

Martiño Noriega asegurou que o consistorio que dirixe mantén "relacións cordiais" co Arcebispado de Santiago, que convocou este sábado un "acto de desagravio" ao Apóstolo Santiago e a Virxe do Pilar polo pregón do entroido compostelán.

Así, o alcalde expresou que "houbo comunicacións" do grupo de goberno coas instancias relixiosas da cidade e que "segue habendo sintonía máis aló de que poida haber un desencontro persoal".

"É unha relación que coidamos dentro do respecto muto. O arcebispado e o deán forman unha das catro patas da cidade coa universidade, o concello e a Xunta. A relación está blindada e seguireina mantendo de maneira regular", remarcou.

POLÉMICA "INTERESADA"

Para o rexedor, a polémica forma parte dunha "campaña interesada". "Non entro en que unha intervención transgresora poida ferir sensibilidades. O que digo é que non as fere de forma natural, féreas despois cunha campaña interesada", expresou.

E é que, como lembrou, non existe material audiovisual sobre as presuntas ofensas relixiosas vertidas polo humorista e dramaturgo Carlos Santiago no pregón. "É como o caso de Ricky Martin, todo o mundo sabía o que fixera e ninguén o viu", concluíu

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

1 En fin

Fai ben o señor Martiño denunciar. Nin de lonxe é santo da miña devoción pero penso que hai maneiras máis elegantes de expresar o descontento. Por exemplo: o ano que ven pode promover un pregón no que se fale dos parásitos funcionarios, dos políticos de esquerdas amigos de terroristas, da transparencia da casa da xuventude, da amigos que pululan en postos polo concello e que ninguén sabe que fan,... e o señor Martiño seguro que o toma como o que é, unha sátira carnavalesca.

1 Santiago

Non sei como o tomará, ou máis ben como o toma, xa que todos eses apelativos que tes para os funcionarios, determinados políticos, o Concello... xa se din agora sen ser en pregón, senón nas tertulias, nos periódicos "serios" e nas redes sociais. Non vaias de irónico porque xa está pasando e ninguén bota as mans á cabeza nin a Fiscalía actúa. Pero, en fin, a dereita ladroa e parasitaria do público ten a pelica moi fina, moita ansia de poder e fai "escándalos" con estas patochadas.

2 Ardelleokirieleison

E que inclua no lote, tamen, aos partidos de dereitas fundados e amigados por/con Ministos de Reximes Fascistas perpetradores de multiples asesinatos: un tal Fraga Iribarne...sen ir mais lonxe...e aos feitos historicos me remito.