ABANCA pásase tamén ao galego

A entidade bancaria resposta que tamén terá en galego toda a documentación que os clientes soliciten tras unha petición feita pola Mesa.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 19/02/2018 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

ABANCA quere galeguizar toda a súa documentación e a relación do día a día cos clientes que queiran ser atendidos nesta lingua. Así o acaba de comunicar en resposta a unha iniciativa da Mesa pola Normalización Lingüística, que criticara que parte da súa documentación bancaria non estaba dispoñible en galego.

Oficina de Abanca
Oficina de Abanca

“O emprego do galego na nosa relación cos nosos clientes e usuarios é un compromiso que dende sempre temos presente en ABANCA”, suliña a entidade na resposta remitida á Mesa. Así, informa de que está a desenvolver un proxecto para tr a disposición dos clientes os documentos máis habituais en idioma galego, “co obxectivo de acadar un cen por cento de normalización no menor tempo”.

“ELECCIÓN DO CLIENTE”

Así, suliña que o seu obxectivo é que a lingua sexa “unha libre elección do cliente” e que sexa este o que indique se prefire o galego ou outro idioma na súa relación co banco. “Somos conscientes da complexidade do citado obxectivo, pero é vontade firme de ABANCA a implantación progresiva do galego nas relacións e comunicacións cos clientes que así o desexen”, indica na súa resposta.

Ademais, agradece á Mesa que lle teña trasladado a queixa para “continuar avanzando” na mellora da satisfacción aos clientes porque, insiste, unha das súas finalidadees é “proporcionar solucións eficaces ás necesidades dos clientes”. 

Pola súa banda, a Mesa, a través dun chío en Tuiter, parabenizou xa a intención da entidade por incorporar o galego en todas as súas relacións co cliente. “Agardamos que o resto de entidades bancarias sigan o exemplo”, indica a entidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Rocío Sueiro

A ver se tamén llo piden á Caixa Rural Galega.

3 Boa nova!

Moi boa noticia, noraboa! Agora andan algúns facciosos a rabear porque se permite o galego nos contratos, cada vez o seu soño de que desapareza o galego fica máis lonxe.

2 Nexus 6

Pues yo ya voy a sacar el dinero de allí, y no porque ofrezcan sus servicios en la lengua regional, sino por plegarse a las demandas de los impresentables talibanes lingüísticos de la Mesa. Lo siguiente será pedir que en nuestra amada región gallega sólo empleen el gallego porque é o idioma propio do pobo asoballado e bla, bla, bla...

1 chas

jeje...expanholo yihadista antigalego, facendo unha demostración da súa intolerancia, do seu odio, da súa xenreira para o idioma propio de galicia como é habitual nos da súa condición de galegófobos racistas supremacistas.

1 Bravo

Parabéns! En galego podemos vivir!