Volven buscar pistas de Sonia Iglesias, desparecida hai case oito anos

Rastrexan con xeorradar un terreo nunha propiedade que compartiron Sonia Iglesias e a súa exparella en Pontevedra.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2018 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

A Policía Nacional desprazou un Laboratorio Móbil da Policía Científica até un terreo próximo ao cemiterio de San Mauro en Pontevedra onde se rastrexa cun xeorradar unha propiedade que compartiron a desaparecida Sonia Iglesias e a súa exparella Julio Araújo, presente no rexistro.

Concentración y marnifestación en apoyo a la familia de Sonia Iglesias
Concentración y marnifestación en apoyo a la familia de Sonia Iglesias

Os axentes iniciaron este despregamento sobre as 9,30 horas deste martes e o terreo no que se está buscando pertence a unha vivenda que compartiron a desaparecida e Julio Araújo, que era a súa parella no momento da desaparición. A zona permanece acordoada mentres traballan axentes de Homicidios da Comisaría Xeral de Seguridade Cidadá e da Comisaría Xeral da Policía Científica.

Segundo informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, o rexistro en Pontevedra forma parte das pescudas ao redor da desaparición de Sonia Iglesias.

DESAPARICIÓN

A pontevedresa Sonia Iglesias desapareceu o 18 de agosto do 2010. A causa fora arquivada provisionalmente no ano 2015 ao considerarse que non existían indicios sólidos para continuar co procedemento.

A pontevedresa Sonia Iglesias antes da súa desaparición
A pontevedresa Sonia Iglesias antes da súa desaparición

O pasado mes de agosto de 2017 cumpríronse sete anos da desaparición de Sonia Iglesias, da que se perdeu a pista o 18 de agosto de 2010. No marco desta causa foi investigado a exparella de Sonia Iglesias Julio Araújo, pero a Audiencia de Pontevedra acordou o arquivo provisional da causa a pesar dos recursos presentados pola familia e a Fiscalía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta