Fiscalía abre dilixencias en relación á posible morte por deshidratación dun ancián nunha residencia de Lugo

O Servizo de Inspección da Consellería de Política Social tamén analiza o caso

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2018 | Actualizada ás 16:13

Comparte esta noticia

O Ministerio Fiscal abriu dilixencias de investigación en relación á posible morte por deshidratación dun ancián nunha residencia privada de Lugo. Segundo confirmaron a Europa Press fontes de Fiscalía, tras recibir a denuncia interposta pola familia do falecido, decidiuse a apertura de dilixencias de investigación para "determinar" se os feitos teñen "indicios de delito".

Unha persoa maior
Unha persoa maior

Segundo recolle a denuncia presentada pola familia ante Fiscalía e ante a Consellería de Política Social, o ancián estaba interno nunha residencia de maiores privada da cidade de Lugo, desde onde, en agosto do ano pasado, foi trasladado ao Hospital Lucus Augusti.

O parte médico recolle que o ancián, de 70 anos, presentaba problemas respiratorios e que, finalmente, faleceu. No entanto, segundo a información achegada pola familia na denuncia, o médico que o atendeu puxo de manifesto un estado de "deshidratación" do home, así como unha nutrición "límite".

Por iso, os familiares decidiron denunciar os feitos ante a Fiscalía, e dar traslado desta información tamén á Consellería de Política Social, xa que consideran que o centro "desatendeu" ao home e que non foi trasladado ao hospital até "o último momento".

Ademais da investigación aberta por Fiscalía, a Consellería de Política Social, que recibiu o luns o escrito, puxo o caso en mans do Servizo de Inspección que, segundo confirmou a Europa Press, "está a analizar os feitos denunciados para levar a cabo as actuacións que correspondan de cara ao esclarecemento dos feitos". Do mesmo xeito, púxose a disposición de Fiscalía.

Mans dun ancián
Mans dun ancián

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta