A e-democracia galega está moi verde

O Parlamento anuncia máis apertura no redeseño da súa web. Porén, os internautas levan anos sen aproveitarse a penas da posibilidade de contribuír á tramitación das leis nesa mesma páxina.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 31/01/2011 | Actualizada ás 00:38

Comparte esta noticia

A web do Parlamento de Galicia ofrece desde esta fin de semana unha nova páxina de inicio, "máis intuitiva que a anterior e que outorga tamén un maior protagonismo á actividade parlamentaria que se desenvolve na Cámara".

Nun comunicado, o Parlamento asegura que a primeira vez que os internautas poderán contactar con calqueira parlamentario, grazas ao novo redeseño. A nova versión permite acceder aos datos biográficos, correo electrónico e teléfono de contacto dos 75 deputados da actual lexislatura.
 
"A medida enmárcase na aposta da presidenta da Cámara  por abrir o Parlamento de Galicia ao conxunto da sociedade, aposta que se materializa a través doutras posibilidades, tamén ofrecidas na web, como un vídeo trilingüe que explica a historia, competencias e funcionamento da Institución, ou a posibilidade de concertar unha visita programada á sede lexislativa", explica a institución que preside a conservadora Pilar Rojo.

None

Os internautas non aproveitan a posibilidade de contribuír ás leis en trámite

O certo é que os primeiros pasos de interación a través da Rede entre cidadáns e parlamentarios galegos non acaba de dar os seus froitos. Hai anos que o Parlamento permite aos internautas opinar na súa web sobre as leis en trámite.

Arestora, nas oito leis con debates abertos só hai dous comentarios. O máis habitual é que os textos non reciban ningunha aportación a través da Rede.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 compostelán

E a outra tamén