Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/03/2018 | Actualizada ás 01:29
A película 'Dhogs' conquistou 13 galardóns nos Premios Mestre Mateo celebrados na noite do sábado na Coruña, á vez que se converteu na produción máis votada na historia destes galardóns que concede a Academia Galega do Audiovisual.
A opera prima de Andrés Goteira conquistou os galardóns á mellor longametraxe e mellor guión, dirección e montaxe para o meirense, que comparte a última con Juan Galiñanes.
Os académicos recoñeceron tamén a interpretación protagonista de Melania Cruz e de Iván Marcos e a interpretación de reparto de María Costas e Antonio Durán 'Morris'. Ademais do pleno nas categorías interpretativas, Dhogs gañou tamén os premios á mellor dirección de produción para Suso López, dirección de fotografía para Lucía Catoira Pan, música orixinal para Germán Díaz, dirección de arte para Noelia Vilaboa e son para David Machado e Javier Pato.
Outra ópera prima, 'A batalla descoñecida', neste caso dirixida por unha muller, Paula Cons, gañou o premio ao mellor documental. Moi novos tamén son os Porco Bravú, que gañaron os seus segundos premio á mellor serie web con 'Peter Brandon'.
'Matria', de Álvaro Gago, conquistou o de mellor curtametraxe e The neverending wall o de mellor curtametraxe de animación. 'Conserveiras do noso fixo' o propio co de mellor anuncio e 'Troubled times' (Green Day), de Manu Viqueira, co premio ao mellor videoclip.
'Serramoura' acadou por cuarto ano consecutivo o premio á mellor serie de TV, mentres que 'A Revista Fin de Semana' gañou o de mellor programa de TV e Nieves Rodríguez o de mellor comunicadora polo seu traballo no 'Vaia Troula!'. Completa os premios televisivos o de Dani Viqueira Carballal e Veru Rodríguez Rodríguez pola realización de 'Tesouros no faiado'.
Finalmente, Arantxa Domínguez gañou o premio ao mellor vestiario polo seu traballo en 'Juana de Vega, Vizcondesa do Arado' e Chicha Blanco e Vicen Betí o de mellor maquillaxe e perruquería en 'Os fillos do sol'.
Ademais de premiar a excelencia nas producións do ano, a Academia aproveita os Mestre Mateo para recoñecer a traxectoria de entidades e profesionais relevantes do audiovisual en Galicia co Premio de Honra Fernando Rey e co Premio Especial José Sellier. Este ano, as homenaxes foron para a actriz María Bouzas e para os vigueses Multicines Norte, tamén presentes en Santiago cos Multicines Compostela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.