A Xunta investiga o caso das funcionarias de Lugo que se negaron a atender en galego a unha muller

As empregadas da delegación autonómica chegaron a dicir cousas como "Yo sólo hablo castellano, no me da la gana de hablar en gallego" ou "Ojalá volviese Franco. Buena falta hacía", segundo a denunciante.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2018 | Actualizada ás 18:11

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia investiga o caso de discriminación lingüística denunciado por unha muller na delegación territorial autonómica en Lugo, onde supostamente dúas funcionarias se negaron a atendela en galego.

O Secretario Xeral De Política Lingüística, Valentín García, E O Presidente Do
O Secretario Xeral De Política Lingüística, Valentín García, E O Presidente Do

Segundo explicaron desde a Consellería de Educación, a propia delegación da Xunta en Lugo atópase estudando a queixa trasladada pola denunciante, co obxectivo de investigar o feito e analizar a necesidade ou non de tomar medidas contra os traballadores.

De feito, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, púxose en contacto coa afectada vía correo electrónico, para comunicarlle persoalmente a situación e que estarían vixiantes.

Adela Figueroa acudiu ao Servizo de Deportes da delegación o pasado 26 de febreiro a buscar información sobre clubes deportivos. Ao ser respondida en castelán, solicitou á funcionaria ser atendida en galego, ao que a traballadora se negou, chegando a dicirlle frases como "¡No me da la gana! Soy funcionaria y puedo escoger el idioma que yo quiera".

Cando a usuaria se dirixiu a outra empregada para tentar ser atendida en lingua galega a situación repetiuse. "Yo sólo hablo castellano, no me da la gana de hablar en gallego", trasladoulle a funcionaria. Despois de que a muller lamentase esta afirmación, ante a situación de perda de falantes, a traballadora elevou o ton das súas queixas, con frases como "¡Si se pierde mejor! ¡Ni gallego ni catalán, con sólo castellano mucho mejor!".

De feito, segundo denunciou A Mesa pola Normalización Lingüística, unha das funcionarias chegou a sinalar: "Yo fui de la Sección femenina de la Falange. Y bien orgullosa que estoy de haber sido de la Sección Femenina. Trabajé en Madrid en la casa del Paseo de la Castellana. Debajo del escudo del yugo y las flechas. Ojalá volviese Franco. ¡Buena falta hacía!".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Breogán

Esa é a aptitude e actitude do desgoberno da junta da Galiza. Inda lle daran un premio vitalicio ou soldo nescafe.

2 Undopobo

Semella que tampouco é un caso illado que alguén vaia a unha oficina da Administración ou a unha empresa privada a esixir a quen lle atende que lle fale galego. E tampouco é un caso illado que logo vaian á Mesa para darlle aire ao asunto na imprensa. E tamen semella "racismo lingüístico" que esa persoa non acepte que o funcionario ou traballador lle fale en español. Si el ou ela teñen dereito a ser atendidos en galego ¿non o ten o funcionario a falar na súa língua? ¿E se o caso fose ao contrario? Probas hai do “escándalo” cando a algún galego falante se lle pediu que mudase de língua. Ademais, iso non é o habitual. A xente fala galego ou español e escoita sen problemas respostas en calquera das língüas aínda que non sexa na súa. Os racistas, cínicos e malintencionados son os que así actúan.

1 Anonimo

Y la investigacion va a dar el resultado de no lo volvais hacer con testigos y hala a seguir dsspreciando el idioma