Por E.P. | VIGO | 09/03/2018 | Actualizada ás 16:18
Fontes da empresa Pili Carrera, situada en Mos, consideraron unha "boa noticia" a non aplicación do ERTE. Esta decisión tomouse debido á situación dos traballadores, que se atopaban "moi preocupados". "Imos tomar outras solucións que non afecten ao cadro", remarcou, apuntando a medidas internas e de tipo produtivo.
"Continuamos traballando e en breve daremos máis boas noticias de aperturas de tendas", trasladaron as mesmas fontes da compañía. Nun comunicado, a empresa reiterou o seu compromiso con Mos e Galicia e afirmou que "a actividade da fábrica continuará coa dinámica habitual".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.