25 anos do 'zapatazo' de Beiras

Foi unha das imaxes históricas da política galega: o zapato en man co que o histórico dirixente nacionalista protestou contra a reforma do regulamento do Parlamento imposta polo PP de Manuel Fraga en 1993. Este sábado cumpríronse cinco lustros daquela icónica imaxe.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2018 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Este sábado 10 de marzo cumpríronse 25 anos dunha das imaxes históricas nas case catro décadas de vida do Parlamento de Galicia: o zapato en man co que o histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras tratou de chamar a atención da opinión pública sobre a reforma do regulamento do Parlamento imposta polo PP de Manuel Fraga, por entón presidente da Xunta.

'Zapatazo' de Xosé Manuel Beiras en 1993, no Parlamento galego.
'Zapatazo' de Xosé Manuel Beiras en 1993, no Parlamento galego.

Durante un pleno celebrado en marzo de 1993, o por aquel entón líder do BNG, Xosé Manuel Beiras, emulou ao dirixente soviético Nikita Khrushchev en 1960 na Asemblea de Nacións Unidas e, zapato en man, censurou a actitude do Partido Popular en protesta por un cambio no regulamento da Cámara galega que pretendía que o Goberno puidese intervir en calquera momento dun debate, sen limitación de tempo e sen posibilidade de réplica. Para defender aquela reforma, Fraga elixiu a Gerardo Conde Roa.

Por entón, Xosé Hermida relataba así en El país o acontecido:

"En una tumultuosa sesión, en la que abundaron los pateos y los silbidos, los diputados se intercambiaron algunos insultos, especialmente dirigidos a Fraga, a quien los nacionalistas compararon con Hitler.Entre un gran barullo, los parlamentarios del Bloque Nacionalista Galego (BNG) y Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) abandonaron la Cámara para no participar en la votación. Xosé Manuel Beiras, del BNG, se quitó un zapato y golpeó con él repetidamente su escaño antes de dejar el salón de sesiones. "No nos vamos a dejar fusilar. Ustedes fusilen a quien quieran, ya lo hicieron en el 36% clamó el diputado nacionalista".

Naquela lexislatura, Fraga pretendía ampliar as capacidades do seu Goberno e acometer unha reforma da lei electoral para elevar ao 5 por cento a porcentaxe necesaria para ter representación na Cámara. Alianza Popular de Manuel Fraga gobernaba con maioría absoluta, o Bloque Nacionalista Galego era a terceira forza política no Hórreo con cinco deputados.

Medio ano despois do zapatazo, nas eleccións celebradas en outubro de 1993 e xa coa obrigatoriedade do 5% para lograr escano, o BNG, con Beiras á fronte, acadou un histórico resultado, pasando de cinco a 13 parlamentarios e dobrando a porcentaxe de voto rexistrado nos anteriores comicios.

UNIRSE "AO EXÉRCITO ZAPATISTA"

A estampa foi lembrada na campaña das autonómicas de 2012 xa con Beiras fóra do BNG e como cabeza de cartel da coalición electoral Alternativa Galega de Esquerda (AGE), formada por Esquerda Unida e Anova, formación nacionalista xurdida logo da ruptura do Bloque.

Nesa campaña, durante un mitin celebrado en Santiago, o hoxe alcalde de Santiago e por aquel entón rexedor de Teo (A Coruña), Martiño Noriega, chamou aos alí presentes a unirse ao "exército zapatista de Galicia" e levantar o seu calzado para lembrar o momento do ano 1993.

Anova-Irmandade Nacionalista, formación da que é fundador e referente Beiras, tamén rememorou este sábado 10 de marzo a efeméride a través dunha mensaxe nas redes sociais: "Hoxe hai 25 anos desta imaxe. Sempre na defensa de Galicia e das maiorías sociais agredidas. Construíndo Unidade Popular", di o tuit de Anova, que agrega unha instantánea do icónico momento.

O zapatazo de Beiras non foi unha acción orixinal —Khrushchev xa o fixera tres décadas antes—, pero foi, seguramente, un punto de inflexión para o nacionalismo galego, que se deu a coñecer ao mundo a través dos medios de comunicación de masas, que publicaron aquela estampa de Beiras batendo co seu zapato o taboleiro don seu escano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

12 Ai si

O único que saco en limpo desta nova é... que todo segue igual, os 4 do zapato berrando e o PP governando... Debería facerlles reflexionar, ao mellor non son tan listos como pensan...

11 persoaxe nefasto

o Vello -Vieiras daquelas xa era vello, facia clonadas de outras figuras, de grandes figuras históricas, o del foi sinxelamamente un.ha pequeña figura histérica, A SUA ZOCALLEIRADA LEVO AS DEREITAS DO OGRO FRAGANDRON A 3 VICTORIAS LEXISLATIVAS... soamente cando o sacaron do medio podo chegar o bipartido o poder... despois o Vello -Vieiras voltou desde dentro traizou o bloque e pactou con moitos cartos de izquierda la unitaria (PODREIROS) O CHAMADO AGE - asamblea galega española... ENTONCES VOLTOU A DARLLE O PODER AS DEREITAS 3 VECES CO CHAMADO FRIJOLES - o vello e un autentico PETAIN das dereitas...

10 nostrus

Coincido con Antinostrus en que nada hay peor que un traidor a su patria, pero para quien es peor es para ellos mismos porque siempre tendran que convivir con su rencor y su mala baba y no son capaces a desprenderse de su nacionalidad. En cuanto a Beiras, no pasa de ser un pobre hombre que fue enormemente vacilado por Fraga, nunca fue capaz de conseguir un cargo y se paso la vida escupiendo para arriba.

9 nostrus

Coincido con Antinostrus en que nada hay peor que un traidor a su patria, pero para quien es peor es para ellos mismos porque siempre tendran que convivir con su rencor y su mala baba y no son capaces a desprenderse de su nacionalidad. En cuanto a Beiras, no pasa de ser un pobre hombre que fue enormemente vacilado por Fraga, nunca fue capaz de conseguir un cargo y se paso la vida escupiendo para arriba.

8 4000 euros por non ir

Grande mestre sempre ensinándonos desde aquel zapatazo á túa deriva posterior que tamén serviu para ensinar por onde non hai que ir. https://elpais.com/diario/2002/01/1...

1 O que queda do BNG

Vós si que ides á deriva https://www.galiciaconfidencial.com...

2 nostrus

Coincido con Antinostrus en que nada hay peor que un traidor a su patria, pero para quien es peor es para ellos mismos porque siempre tendran que convivir con su rencor y su mala baba y no son capaces a desprenderse de su nacionalidad. En cuanto a Beiras, no pasa de ser un pobre hombre que fue enormemente vacilado por Fraga, nunca fue capaz de conseguir un cargo y se paso la vida escupiendo para arriba.