O PP, en mínimos históricos de intención de voto en Galicia

Os populares acadarían un 36,9% dos votos nun escenario de eleccións xerais, segundo unha enquisa de Sondaxe. Ciudadanos crecería catro puntos, aínda que sería o menor aumento entre todas as autonomías do Estado. En Marea desfaría ao seu favor o empate co PSdeG e consolídaríase como a alternativa ao populares. BNG aumentaría tamén o apoio, pero continuaría como quinta forza no país.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/03/2018 | Actualizada ás 14:28

Comparte esta noticia

O Partido Popular (PP) está en claro retroceo en Galicia. De celebrarse eleccións xerais agora, só acadaría o 36,9% dos votos, segundo unha enquisa do Instituto Sondaxe para La Voz de Galicia sobre intención electoral para uns comicios estatais. Sería o peor escenario histórico para os populares en Galicia, que perderían 4,6 puntos respecto das eleccións de 2016.

Enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia
Enquisa de Sondaxe para La Voz de Galicia | Fonte: electograph.com.

A caída do PP coincide cun aumento precisamente do 4% de Ciudadanos, que pasaría a obter o 12,6 % do voto valido total en Galicia, sendo a cuarta forza política no país, manténdose por enriba do Bloque Nacionalista Galego. Con todo, Galicia é a autonomía onde menos crecería a formación laranxa.

O BNG, malia aumentar apoio, pasando do 2,9% ao 4,1%, mantéñense como forza residual nun escenario de eleccións estatais e non acadarían, de novo, ningún escano no Parlamento español.

Outra forza que aumenta apoio electoral é En Marea, que se afianzaría comon a alternativa ao PP en Galicia ao subir do 22,2% ao 23%, asumindo xa o seu liderado entre a oposición aos populares no país, ao desfacer ao seu favor o empate que mantiña co PSdeG.

Os socialistas son, canda o PP, os únicos que perden apoio. A chegada á secretaria xeral do PSdeG de Gonzalo Caballero e a volta de Pedro Sánchez á fronte do PSOE non semellan ter efecto na pretendida revitalización do partido que, con todo, se mantería como terceira forza, cun 19,8% dos votos, caendo 2,4 puntos.

Así as cousas, os galegos castigarían os partidos tradicionais de ámbito estatal e aumentarían o seu apoio a forzas alternativas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

3 Roi Negueira

Estupendo. La Secta upegalla desaparece y la principal fuerza antinazi crece continuamente. Gran futuro para Ciudadanos.

1 Tocabolas

Antinazisibex35PPCs....quero entender.......Repudiador dos teus Pais que te puxeron un nome digno...no canto de Monsieur Le Corveau...que é o que lles saíches, ao final.....Malpocados!! (arrepentidos andarán de tan fatal semiada...).

2 Gloriaporsempreasmareas

Ti de enquisas galegas non entendes moito, verdade? Goza polo momento o que ao mellor nunca ves. Carpediem

3 Valerio Solanas

Cala Troliño, que tedes que liderar a loita feminista e iso no voso caso pasa por facerdes 3 ou 4 lobotomías en serie.

2 comunista independentista

Marea segunda forza consolidada como única alternativa real e popular ao españolismo e a corrupción. Bloque quinta forciña marxinal e testemuñal coa única función sipaia de trolear a unidade popular en Galiza. Seguide. Sigamos.

1 Emon

Deberia preocuparos que el partido naciciudadanos lkegue al poder primero rematara al gallego y luego ira a pir los gallegos os vais a cagar.avisados estais

2 Gloriaporsempreasmareas

Sodes a nosa esperanza. Xa se ve chegar a aurora. Para exemplo a excelente xestión nas cidades do recambio... Un premio ao voso excelentísimo traballo día a día. Sodes o máximo. A luz de occidente. O motor do mundo mundial. Oh Galicia asómate ao teu futuro de gloria: http://www.publico.es/economia/siet...

3 Gloriaporsempremareas

A min non me fan falta enquisas para saber que o PP volver a gobernar,so ou con los de Rivera...Son os grandes exitos das Mareas e da division do nacionalismo. Pero e moi probable unha nova maiora do PP. Esta enquisa permite ler entre liñas moito. Vos dende logo non estades medrando. Teredes sorte se mantedes o que tedes.

4 Arquetipo

O do Españolismo non será pola Sra. Yolanda Diaz e o da Corrupción polo Sr. Fernan Vello Bussines (endexamais tan ben vivin facendo tgan pouco)??..... digo eu.

1 a COUCE DA MALICIA

juas-juas non o cree ninguen... a coz da malicia comenza a facerlle a campaña política das mono-cipaios o pepeiro, para colocar por ahí diante os calandracos axentes da burguesía expañolenta, aquí vemos tamen o cumprimento que teñen cos seus enamorados da marea podreira de expaña, señores non den de comer os cancodrilos nin as alimañas... non voten os que despois andan a rirse de todos por ahí diante. NON ESQUEZAN OS PARTIDOS EXPAÑOLENTOS PEPEIROS, PE$OIDEIROS, MAREADOS E CHUPADANOS, viven de rirse da Galiza nos mandriles!!!!