“Empresario de merda, político fascista canta claro onde foron parar os cartos para a autopista”

'Ela', o novo traballo de Serj, é un canto contra a corrupción, as tramas incendiarias e o recorte de liberdades.

Por Galicia Confidencial | Muros | 12/03/2018 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

“Non intentes disimular no-no-nótase demasiado
que ese monte que vas queimar é outro cero no teu salario.
Empresario de merda, político fascista
canta claro onde foron parar os cartos para a autopista.
Un retiro magnifico en Endesa ou Iberdrola
ben merece unha lexislatura coméndolle-la pirola”.

Imaxe de Serj no seu novo disco
Imaxe de Serj no seu novo disco

É parte da letra espida de “A Estocada da Cordura”, o novo traballo de Serj, un primeiro adianto do novo disco “ELA”, que se presentará en maio deste ano. Unhas letras moito máis afiadas denunciando a corrupción imperante na nosa sociedade e na que o cantante non se corta en denunciar ás grandes empresas, os poderes públicos e os medios de comunicación.

“Este videoclip e esta canción non teñen pretensións máis alá de servir como divertimento, de entreter. Pero nos tempos convulsos nos que vivimos, nos que os que nos gobernan quitaron ó fin as máscaras e a utilización do medo para dominarnos é xa indiscriminada”, apunta o propio autor. “Neste mundo desequilibrado… nesta dictadura orwelliana na que o recorte das liberdades máis esenciais está á orde do día, esta é a miña humilde maneira de exclamar: Estamos aquí, estamos despertos e somos moitos”, engade o propio Sergio Trillo definindo o seu novo traballo.

“Ela” ten todo unha historia dentro. O novo disco contará con 12 temas divididos en 4 actos nos que se conta “a historia dunha muller que se revela contra o establecido, abandoando a súa zona de confort e coñecéndose a si mesma”. “Ó longo desta viaxe esta muller sen nome atravesa momentos de euforia, decepción, esperanza, amor, etc… Para rematar esta aventura dun xeito dramático, pero liberador dalgún xeito…”, indica sobre o disco.

Sergio destaca que os novos temas ”supoñen musicalmente un xiro cara un sonido máis eléctrico, e conflúen estilos moi variados que van desde etéreas atmósferas acústicas ata descarnadas cancións heavies, pasando por rock, hard rock, pop, etc…”. Desde hai meses, a banda atópanse preparando un espectáculo que será "eléctrico e electrizante".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta