Para que serve o Observatorio da Lingua Galega que paga a Xunta?

Por Carlos Callón | | 05/02/2011

Comparte esta noticia

Hai un pouco recibín o boletín do Observatorio da Lingua Galega, un departamento que depende da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Cada semana envían, para quen o quixer recibir, un correo electrónico onde informan da actualidade de diferentes idiomas do planeta, así como moitas novidades, case todas, sobre a lingua galega. Dixen "moitas" e "case", non "todas" as novidades. Non "todas", aínda que sexan poucas.

Resulta que é costume nos boletíns deste Observatorio que poidamos saber todo o que acontece en Cuenca, en Cimbabue ou en Paquistán (collo tres exemplos concretos do seu último correo), mais que as noticias críticas ou discordantes coa Xunta sexan edulcoradas ou convenientemente silenciadas.

Hai un par de meses, escribín ao Observatorio para preguntar por que non puñan noticias da Mesa. Responderon que era porque non recibían os comunicados da asociación. Matinei entón se sería que recibían comunicados de Cimbabue. Sexa como for, desde ese momento na Mesa asegurámonos ben asegurado de que recibían as nosas notas e que non só poderían lelas nos medios de comunicación (como facían co resto, por certo).

Estas dúas noticias recentes da Mesa pódovos asegurar que se lle enviaron e que tiveron eco en varios medios, porén desapareceron totalmente do boletín deste Observatorio:


Estas novas evaporáronse de vez. Noutras, o que fixeron foi eliminar toda alusión crítica, por suave que esta for, á Xunta de Galiza. Repárese a modo de exemplo nesta noticia en que había unha referencia no titular ao Goberno galego. Esta desaparece no boletín electrónico semanal.

E pregúntome eu: Canto nos custa aos petos das galegas e dos galegos este Observatorio propagandístico, manipulador e censor?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos Callón Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de Lingua e Literatura Galegas e presidente honorífico da Mesa pola Normalización Lingüística. Publicou varias obras, entre as cales o manual Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, o ensaio Amigos e sodomitas e o poemario Atravesar o fantasma.