Temas: FOLGA XUSTIZA

Os sindicatos manteñen o seguimento da folga na Xustiza no 80% e a Xunta redúceo ao 35,6%

O último encontro para tentar desbloquear o conflito tivo lugar o pasado venres, pero o acordo tampouco foi posible.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2018 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

O seguimento da folga na Administración da Xustiza en Galicia sobre o 80 por cento, segundo os datos dos sindicatos, cifras que volven contrastar coas da Xunta, que reduce ao 35,63 por cento o paro.

Funcionarios de xustiza concéntranse ante os xulgados de Santiago
Funcionarios de xustiza concéntranse ante os xulgados de Santiago | Fonte: Europa Press

Concretamente, o comité de folga cifra o seguimento do paro, no terceiro día da sexta semana, no 80 por cento en Santiago, o 83 por cento en Ferrol, 70 por cento na Coruña, 83 por cento en Pontevedra, 87 por cento en Ourense, 79 por cento en Lugo e 84 por cento en Vigo.

Pola súa banda, a Administración de Xustiza indicou que foron á folga 972 persoas e rebaixa ao 35,63 por cento a porcentaxe de funcionarios que secundaron o paro. Por provincias, sinala que A Coruña rexistrou un seguimento do 33,75 por cento; Lugo, do 25,25 por cento; Ourense, do 41,32 por cento; e Pontevedra, do 39,56 por cento.

Nos datos difundidos pola Xunta, especifícase que un total de 162 funcionarios non acudiron ao traballo por ausencia xustificada —vacacións, asuntos particulares ou días de libranza—, mentres que 775 cumpriron os servizos mínimos, que "se cumpriron na súa totalidade".

O VENRES, ÚLTIMO ENCONTRO

O último encontro para tentar desbloquear o conflito tivo lugar o pasado venres, pero o acordo tampouco foi posible, e está previsto que volva haber outro esta semana. Ese día, a Xunta puxo sobre a mesa unha oferta de suba salarial lineal para todos os corpos (xestores, tramitadores e auxilios) de 105 euros máis ao mes a empezar a cobrar parcialmente en 2018.

A última proposta do comité de folga, no que están representados SPJ-USO, Alternativas na Xustiza-CUT, UGT, STAJ, CSIF, CIG e CC.OO., é de 190 euros máis ao mes e, aínda que non se votou ningunha cantidade, os traballadores si reflectiron nas asembleas celebradas a petición de que non se rebaixe esta esixencia.

Temas: FOLGA XUSTIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Cidadán

La juerga se acaba. Cada día las cifras de huelguistas son menores, incluso para los sindicatos. Ahora a preguntar a Valeiras como les engatusó sugiriendoles pedir lo que no se podía dar.

1 Albert

Mentres non saia o traballo, a folga non se acaba. A ver se é que os folguistas son máis intelixentes ca vós. As oposicións é o que teñen, só aproban os mellores.