Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/03/2018 | Actualizada ás 18:54
O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, considera "indubidable" que "a tutela xudicial efectiva" en Galicia "está a sufrir" por mor da folga indefinida que, desde fai máis dun mes, manteñen os funcionarios do sector. Por iso, só ten unha petición para Xunta e sindicatos: "que negocien, que senten a pactar" porque cada vez é "máis apremiante".
No marco dunha entrevista máis ampla concedida a Europa Press, que será difundida a fin de semana, Cadenas, á fronte do TSXG desde o ano 2009, oreguntado sobre que consello lle daría a un cidadán que interprete que os seus dereitos se ven contravenidos polo paro dos funcionarios de xustiza, o presidente do TSXG foi contundente: "que formule unha queixa".
"O que debe facer é falar co letrado da Administración de Xustiza, é dicir, o secretario xudicial e o propio xuíz que non están en folga e que son os responsables do funcionamento da actividade xurisdiccional", recomendou, antes de engadir que "sobre eles pesa a carga, a responsabilidade de dar unha resposta ao cidadán, calquera que sexa o tipo de queixa que se formule".
Sobre as queixas que puideron chegar a el, Cadenas explicou que fala con xuíces decanos da comunidade "como consecuencia de determinadas situacións puntuais". "E no demais, o que poida ocorrer e teña transcendencia importante no órgano xudicial, os decanos ou os presidentes de audiencia deben participalo", manifestou.
A continuación, precisou que, no que respecta a queixas específicas e por escrito sobre cuestións ligadas á folga, "practicamente non existiron". "Polo menos que me chegaron a min", aseverou.
DIFICULTADES
Recoñeceu que a xustiza galega vive "un momento difícil" a causa do paro, que se suma a unha situación previa de "saturación" que afecta á comunidade e a outros lugares de España.
"A unha situación previa dificultosa e complexa únese unha folga que dura xa un mes, co que iso significa. E o que significa é que practicamente hai unha situación de case paralización na actividade xurisdiccional", advertiu, aínda que sostén que, polo momento, non se pode computar o impacto e rexeita entrar en "guerras de cifras". Ten claro, iso si, que as consecuencias son "enormemente desfavorables para o valor xustiza".
Por iso, á espera de que se concrete unha nova data para que Xunta e sindicatos senten, o presidente do alto tribunal galego fixo unha chamada ao diálogo para liquidar unha situación que recoñece complicada. Pero, coa conxuntura do paro, está garantida a tutela xudicial efectiva? A xuízo de Cadenas, é "difícil" de medir, na medida en que habería que ver a situación "de cada órgano xudicial" e ver a resposta que se está dando nas peticións que se vaian formulando.
"Desde logo, está a sufrir a tutela xudicial efectiva, iso é indubidable", admitiu, antes de matizar que, nos lugares "con máis actividade" e con funcionarios que "non secundaron a folga", notarase "menos". Con todo, reafirmouse en que a situación é "delicada", xa que os procedementos --xuízos e trámites xurídicos-- afectan a unha materia "enormemente sensible".
INSCRICIÓNS DE NACEMENTO E DEFUNCIÓN
Cadenas tamén relatou, ao longo da entrevista, outros pasos dados polo alto tribunal galego, ao que a Xunta se dirixiu para mostrar a súa preocupación acerca de que, no contexto da folga indefinida, non se estivesen realizando ou se atrasasen trámites como as inscricións de nacemento e defunción.
"A Xunta puña de relevo no escrito que tiña noticias respecto diso. Eu paseino á Sala de Goberno do TSXG e esta, despois de tomar coñecemento, dirixiuse aos xuíces encargados de rexistro civil en toda Galicia para que informen acerca de se se está producindo algunha disfunción ou anomalía en canto ás inscricións de nacemento e defunción", avanzou.
"Tamén acerca de se se puxo en coñecemento da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, e do Ministerio de Xustiza, a existencia destas situacións potencialmente anómalas ou de disfuncións. Estamos á espera de contestación", detallou, en relación a esta mesma comunicación da Sala de Goberno.
O CONSELLO PARA O CIDADÁN? "QUE FORMULE UNHA QUEIXA"
Preguntado sobre que consello lle daría a un cidadán que interprete que os seus dereitos se ven contravenidos polo paro dos funcionarios de xustiza, o presidente do TSXG foi contundente: "que formule unha queixa".
"O que debe facer é falar co letrado da Administración de Xustiza, é dicir, o secretario xudicial e o propio xuíz que non están en folga e que son os responsables do funcionamento da actividade xurisdiccional", recomendou, antes de engadir que "sobre eles pesa a carga, a responsabilidade de dar unha resposta ao cidadán, calquera que sexa o tipo de queixa que se formule".
Sobre as queixas que puideron chegar a el, Cadenas explicou que fala con xuíces decanos da comunidade "como consecuencia de determinadas situacións puntuais". "E no demais, o que poida ocorrer e teña transcendencia importante no órgano xudicial, os decanos ou os presidentes de audiencia deben participalo", manifestou.
A continuación, precisou que, no que respecta a queixas específicas e por escrito sobre cuestións ligadas á folga, "practicamente non existiron". "Polo menos que me chegaron a min", aseverou.
"NON QUERO METERME"
En canto ás posturas das partes que derivaron neste conflito e o seu enquistamento, Miguel Ángel Cadenas prefire manterse á marxe. "Non quero meterme", defendeu, á vez que afirmou que non se pode concretar se os 15.000 xuízos suspendidos aos que aluden os sindicatos é unha cifra esaxerada, como cre a Xunta.
"Suspendéronse moitos. Cantos, eu non podo referendalo. Quizais, en moitos casos, porque o propio mecanismo da folga non fai fiable ter datos sobre o particular", reflexionou, antes de manifestar que non quere entrar "en guerras de cifras".
Tamén ve complicado medir o impacto do paro, aínda que anticipa que as súas consecuencias son "enormemente desfavorables para o valor da xustiza, para o funcionamento da Administración de xustiza".
"QUE SENTEN A NEGOCIAR"
Preguntado acerca de se a Xunta debería xa empezar a preparar un plan de actuación para cando se solucione o conflito, contestou que non será ata que termine a folga cando, "órgano por órgano", tocará "facer unha análise e establecer un plan de futuro" con medidas para afrontar as consecuencias da folga.
A "única mensaxe" que, ao seu xuízo, concluíu, se pode "enviar" hoxe ás partes é "que negocien, que senten a negociar, a pactar".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.