Falece Carlos García, director do Museo do Pobo Galego

Tamén membro da Real Academia Galega, morreu este sábado en Santiago de Compostela.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/03/2018 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

O Museo do Pobo Galego, que dirixía desde o ano 1999, destacou que Carlos García, nacido en Santiago de Compostela en 1945, era mentor e fundador desta empresa colectiva á que dedicou toda a súa vida e unha persona comprometida co país. Tamén era Patrón fundador da Fundación Castelao, da Fundación Pedrón de Ouro, académico correspondente da Academia Galega e presidente do Consello Galego de Museos.

Carlos García Martínez, director do Museo do Pobo Galego
Carlos García Martínez, director do Museo do Pobo Galego | Fonte: Europa Press

Ao longo da súa traxectoria foi tamén membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e da comisión xestora do novo Seminario de Estudos Galegos, así como socio fundador da Asociación de amigos do Museo de Castro de Viladonga.

Estudioso da historia e da arqueoloxía galega recibiu o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo en 1999 polo seu traballo a favor da cultura de Galicia. Tamén a Real Academia Galega lamentou o falecemento de Carlos García Martínez, membro correspondente da institución desde 1972. Desde a RAG destácanse as súas achegas no ámbito da arqueoloxía e a etnografía de Galicia.

A capela ardente estará instalada no Museo do Pobo Galego desde o domingo 18 ás 16,00 horas. O enterro celebrarase en Santa María de Figueiras (Santiago de Compostela), o luns 19 ás 17,00 horas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta