O Colexio de Avogados da Coruña adianta o pago da quenda de oficio "ante a excepcional situación" pola folga

Insta a Xunta e sindicatos a que "realicen un esforzo por achegar posturas" e lograr un acordo "que poña fin a esta crítica situación".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2018 | Actualizada ás 10:46

Comparte esta noticia

A Xunta de Goberno do Colexio de Avogados da Coruña, "ante a excepcional situación xerada polos case dous meses de folga" na Xustiza na Comunidade galega, decidiu adiantar os pagos da quenda de oficio. Segundo informou a entidade colexial, preténdese con esta medida "tentar paliar a delicada situación económica que están a vivir os profesionais da avogacía".

Xulgado baleiro na primeira folga da xustiza en Galicia
Xulgado baleiro na primeira folga da xustiza en Galicia

Por iso, desde este martes iniciaranse os pagos do cuarto trimestre do ano 2017 da quenda de oficio, "medida que beneficiará a 878 colexiados", destaca o colexio coruñés. "Despois preto de dous meses de folga efectiva, a preocupante situación de inactividade está a afectar gravemente á cidadanía e aos profesionais, polo que o Colexio de Avogados acordou tomar esta medida para contribuír na mellora económica dos avogados adscritos á quenda de oficio", subliña a entidade colexial.

ACHEGAR POSTURAS

Ademais, por parte do Colexio de Avogados da Coruña "vólvese a instar á Xunta de Galicia e ao comité de folga para que realicen un esforzo por achegar posturas e alcanzar un acordo que poña fin a esta crítica situación da Xustiza en Galicia".

"Este escenario está a afectar gravemente á cidadanía e aos profesionais, ademais da as partes enfrontadas neste conflito", advirte.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta